SEHILA RODRÍGUEZ - LALÍN
A X Malla Tradicional organizada polo Museo Casa do Patrón, pretende atraer un maior número de asistentes nesta décima edición coa celebración, durante tres fins de semana, deste laborioso proceso. Para coñecer as novidades deste certame, o presidente do Museo Casa do Patrón, Manuel Blanco, comenta a importancia deste acto.
–Como nace a iniciativa de celebrar unha Malla Tradicional na comarca dezana?
–O museo comenzou a súa andadura fai xa 13 anos e conta con tres xogos de máquinas de mallar, polo que se consolida como un dos máis grandes de Galicia. Ao contar con este instrumental e comprobar que se atopaba en perfectas condicións decidimos, hai 10 anos, comezar a representar este proceso de carácter artesanal.
–Nesta ocasión, o certame realízase durante tres fins de semana. Cal é o motivo?
–Intentamos facer partícipe ao público. O certo é que existe un laborioso proceso, previo á malla, que debía ser exposto públicamente. Nesta edición o que facemos é poñer data á realización das diversas etapas, como a sega, na que participaban os veciños e que se celebra o próximo 22 de agosto. Despois seguirá o sábado 29 a malla e o 5 de setembro o cocido tradicional do pan, cunha homenaxe aos“muiñeiros”. Este proceso, aberto ao público, preséntase como un futuro paquete turístico do proceso artesanal do pan, aínda que esta iniciativa aínda non é segura.
–Cales son as novidades desta edición?
–Ademáis da sega e o cocido do pan, a xornada adicada á malla contará cunha serie de actividades de xogos populares durante a tarde, con premios de vales spa no hotel Katiuska de Silleda. Outra das novidades será o concurso de vestimentas de época durante a mostra de artesanía na que se premiará ao hábito máis representativo cun fin de semana nese mesmo parador. Trátase de estimular á xente para que participe, premiando o seu esforzo, non só físico senón tamén pola súa semellanza co momento que se pretende representar.
–Como se presenta o homenaje aos “muiñeiros”?
–O 5 de setembro realizarase unha demostración do traballo dos muíños, homenaxeando a figura dos “muiñeiros”, dos que xa localizamos 5 na zona. Eran coñecedores de todo o que ocorría e sobre eles existen numerosas lendas. Por iso, o contacontos Celsiño reproducirá durante esa xornada algunhas destas historietas de tradición oral.
–Participan moitos xóvenes no proceso da malla?
–O certo é que colabora xente de todas as idades. Contamos con máis de 70 personas, aínda que no momento se incrementará esta cifra posto que a actividade está aberta á participación popular. Esperamos que nesta ocasión o número de asistentes supere ás edicións anteriores.
–Como definiría o labor domuseo que preside?
–Se tivese que resumilo nunha frase, diría que se un poblo quere valorar o que ten para poder cambiar o seu futuro, debe ser un profundo coñecedor do seu pasado. Ese é o labor do museo, mostrar fielmente como foi o noso pasado.
–Cales son os futuros proxectos desta institución?
–Dependemos moito da financiación. As necesidades máis inmediatas son a creación dun taller e dun almacén de restauración, xa que ata o de agora, os locais destinados a este propósito son de veciños que os emprestan.Creo que o museo conta cun tamaño importante, xa que para recorrer, unicamente as exposición, é preciso unha hora e media. O certo é que participan moitos colexios, algo do que estou particularmente satisfeito, xa que a xente nova aprende como se realizaban antes estas tarefas, agora mecanizadas. Entre os proxectos que se atopan en negociación, pretendemos unha colaboración co Museo Pedagóxico de Galicia, Mupega, para realizar unha exposición dunha sala de ensino máis ampla á que temos actualmente. Deste xeito, poderíamos albergar a historia do ensino en Galicia coa representación cronolóxica dos distintos tipos de escolas típicos da nosa comunidade.