REDACCIÓN - VILA DE CRUCES
O Bloque de Vila de Cruces rexistra hoxe unha moción que defenderá na próxima sesión plenaria e na que defende a mellora das áreas recreativas do municipio. En concreto, na praia fluvial da Carixa, ás beiras do río Deza, solicítase que se cerquen os vasos acuáticos así como as súas zonas de perigo. A petición exténdese tamén ás zonas recreativas de Toiriz e Remesquide na reivindicación de accesos axeitados para persoas con discapacidades e de mobilidade reducida. Por último, o portavoz do Bloque, Xoán Blanco, tamén bota en falta o balado e sinalización das zonas perigosas no entorno destas zonas de ocio.
As reivindicacións deste partido da oposición débense a que "despois de varios anos en funcionamiento non parece lóxico que a Carixa estea sen un balado de seguridade onde os máis cativos non poidan ter un acceso directo ás mesmas". Os nacionalistas tamén piden melloras no acceso á ponte de Toiriz e que se completen diversos elementos danados na área recreativa das illas de Remesquide, onde tamén é precisa unha actuación no seu entorno.