Lalín homenaxeará aos antigos muiñeiros da zona na vindeira edición da Malla Tradicional

O certame inclúe un concurso de vestimentas de época e engade souvenirs de recordo, como males e panoletas, para os visitantes

 02:37  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

DANIEL FERNÁNDEZ - LALÍN O Concello de Lalín e o Museo Casa do Patrón presentaron onte a décima edición da Malla Tradicional, que conta como principais novidades o seu esparexemento durante tres fins de semana para darlle máis difusión, un concurso de vestimentas de época e a introducción de souvenirs de recordo, como males e panoletas.
O programa comenzará o día 22 de agosto co acto da sega, que servirá de preludio para o acto central da malla que terá lugar unha semana despois. Xa neste 29 de agosto, a cita comezará ás 11.00 horas, nas inmediacións do museo en Doade, cunha mostra de artesanía popular participada integramente por pezas da bisbarra dezá. A partires do mediodía, arrancará o acto central da malla, que está aberto á participación de todo o público e que incluirá a realización desta labor con pedras, con males e con máquinas e aventadoras. Asimesmo, haberá un concurso de vestementas de época, que outorgará unha estancia no hotel Katiuska de Silleda ao gañador. O presidente de Casa do Patrón, Manolo Blanco, pediu á xente un “esforzo” para este certame do mesmo xeito que o está a facer a organización.
Rematada esta laboura, ás 14.00 horas haberá un xantar con polbo, empanada, lacón e outros productos típicos e, xa pola tarde, organizaranse xogos populares con premios e soará a beizosa música de gaitas dos Trasnos de Doade. Ademais, a organización contará coa presenza dos Cabaleiros do Deza e venderá os souvenirs de males e panoletas a un prezo simbólico.

Moenda e cocido tradicional

A X Malla Tradicional completará a súa triloxía o 5 de setembro coa moenda e o cocido tradicional, que permitirá volver a ver funcionar dous antigos muiños do río Asneiro. Como principal novidade esta data, farase unha homenaxe aos antigos muiñeiros da zona, que segundo o concelleiro Nicolás Varela “fixeron unha labor importantísima”. Na actualidade só cinco ou seis seguen vivos. Neste acto, falará Xabier Lores, presidente da Asociación Galega dos Muiños, que abordará o aspecto humano dos muiñeiros, aínda que tamén tocará cuestións de índole patrimonial.
O concelleiro de Turismo de Lalín, Nicolás Varela, resaltou a importancia de vivir un día “como antigamente se facía a malla” e apostou por seguir consolidando este acto, “xa que se trata dun dos principais referentes culturais e turísticos do concello”. Pola súa banda, Manolo Blanco amosou as súas esperanzas en que a climatoloxía siga coma nestes días para que o trigo poida madurar e se poidan celebrar os actos con normalidade. Tamén incideu na importancia da difusión do evento na zona de Santiago e na provincia de Pontevedra a través do Padroado Rías Baixas para aumentar a presenza de público. “É algo típico do interior de Galicia e é preciso darlle repercusión”, engadiu Blanco, que confía en volver a superar o récord de asistencia.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009