NURIA MORGADE - A ESTRADA
A Oficina do Consumidor da Estrada está que arde. No que vai de ano, rexistráronse neste organismo entre 150 e 200 reclamacións e consultas. En defensa dos intereses dos usuarios, esta oficina encárgase de respostar as dúbidas e axudar aos consumidores nas súas demandas coa finalidade de que se respecten os dereitos establecidos dos clientes. Nambergantes, é necesario ter moi claro cales son as funcións destas entidades. Non poden demandar nin participar na toma de decisións que son propias da persoa que se encarga de reclamar, é dicir, do mesmo consumidor. Esta entidade, que se atopa na rúa Calvo Sotelo número 7, actúa como intermediario entre o mercado e o consumidor.
A oficina encárgase expresamente de ofrecer información aos usuarios, enviar as demandas ao Instituto Galego de Consumo dependente da Consellería de Industria e alertar á poboación de situacións que perxudican aos compradores.
Segundo informacións da propia oficina local de atención aos consumidores, o tema máis concurrido nas reclamacións e consultas realizadas durante o ano 2009 foron as relacionadas cos cambios de tarifa do suministro eléctrico. A centralita da entidade de consumo de A Estrada non deixaba de sonar para atender ás consultas dos veciños do municipio que se atopaban preocupados polos novos cambios nestas tarifas. E seguimos falando de luz, mellor dito, das facturas das compañías que cada dous meses chegan ás casas dos clientes, que a miúdo acoden para expresar a súa disconformidade cos valores que se lle cobran.
Nun importante segundo posto sitúase a telefonía que, ano tras ano, se converte en protagonista indiscutible nas reclamacións dos clientes. estradenses. Facturas desorbitadas e a periodicidade nos contratos dos teléfonos seguen sendo os temas estrela neste tipo de reclamacións. Porén, estas protestas son moi difíciles de solventar posto que a maioría dos compradores non acostuman a ler a letra pequena. Dende a presidencia da Asociación de Consumidores pídese aos usuarios que antes de mercar e asinar documentos teñan claras as cláusulas dos contratos de telefonía así como doutros servizos. Nun terceiro lugar, encontrámonos cun vello compañeiro de viaxe: a venta a domicilio. Quen non abriu algunha vez a porta e recibiu en bata a un amable e simpático vendedor? Libros, utensilios de limpeza, aparatos electrónicos e outros materiais máis conforman un amplo abano de "produtos-protesta" dentro do mundo do consumidor. Nos últimos tempos tamén se rexistraron algunhas reclamacións sobre tintorerías. Prendas en mal estado que foron devoltas ao cliente. Nestes casos, dende a Oficina do Consumidor aconséllase aos usuarios que deixen a roupa no establecemento coa finalidade de que a demanda poida ser efectiva.Teléfono, luz e venta a domicilio son os tres pilares fundamentais que moven o motor das consultas e demandas de consumo. Xa saben, cada vez que entren nun establecemento a mercar un teléfono, corrente eléctrica ou calquer aparato teñan sempre en conta a folla de reclamacións.