O oficio de converter coiro en arte

No seu taller de Silleda, José Villar López adícase desde hai 16 anos á creación de obras de marroquinería e obxetos únicos

 
O artesán José Villar e algunhas das súas obras.
O artesán José Villar e algunhas das súas obras.  Bernabé/Javier Lalín

Os oficios tradicionais van perdendo mans, labores duros que necesitan paciencia, maña e moita dedicación son algúns dos problemas que existen para levar a cabo un relevo xeracional no mundo da artesanía. A terra do Deza está chea de artesáns que pasan a maior parte das horas do día elaborando obxectos totalmente a man. O sacrificio que isto implica vese recompensado pola satisfacción do traballo ben feito, polo orgullo de ter acabada a obra e poder observala recordando as horas de traballo empleadas na súa elaboración. José Villar López, artesán do coiro de Silleda, coñece ben esta sensación.

ADRIANA VALIÑO - SILLEDA Cada produto elaborado por un artesán convértese en parte da súa vida. Son pequenos obxectos que van enchendo as súas horas de traballo, un labor de dedicación exclusiva para atopar o detalle máis preciso e o mellor acabado. O perfeccionismo podería describir a moitos artesáns, que son moi conscentes desa tarefa tan delicada que teñen entre as mans, e que lles fai roubar horas ao día para pasalas dedicadas a un obxecto.
José Villar López é un veciño de Silleda que leva 16 anos adicado ao traballo en coiro. O seu comezo no mundo da artesanía foi casual, e acabou sendo o seu modo de traballo. Dende a súa tenda, e taller, situados na Avenida do Parque, elabora pezas únicas, son traballos de meses, realizados en coiro, que se acaban convertendo en verdadeiros obxectos de arte. Villar confésase moi satisfeito do seu labor: “Teño moita sorte porque traballo no que me gusta, a única pena é non ter comezado antes. A miña labor é moi gratificante, cando fas encargos especiais e os acabas, sentes algo especial, e vés que á xente lle gusta e que volta”.
Os principios foron duros, unha aprendizaxe autodidacta levouno a fabricar as súas propias ferramentas e a ir probando diferentes tipos de coiro e ata á experimentación coas distintas posibilidades que pode chegar a ofrecer a pel curtida.
O nome do seu taller, 1924, fai alusión ás técnicas que se empregaban e se deixaron de usar neses anos, despois da Exposición Universal de París, facendo referencia a esas técnicas que se deben recuperar e ao emprego na produción de materiais o máis naturais posibles: “Tendes a buscar, por respecto ao traballo que queres levar a cabo, os materiais máis puros posibles para conseguir un resultado o máis óptimo posible”.
A tarefa dun artesán está agochada detrás do mostrador, na banca de traballo pasan sentados horas e horas para levar a cabo pequenas pezas únicas: “Tén un tempo de traballo que non se ve detrás. Un maletín pode levar vinte e pico días. Case un mes de traballo”, relata. Villar apunta que “outras obras son máis decorativas ca funcionais”, ao tempo que mostra a fotografía dunha das súas creacións máis logradas: “Este gusano foi finalista no [certame de artesanía Antonio] Fraguas Fraguas. É un gusano dun metro vinte, é móbil, ao ser coiro acuchillado permite mobilidade. Este tipo de obxectos tés que pensalos e logo pasalos a papel, é moito traballo. Soamente para conseguir que o coiro se atopara no punto exacto estivo sumerxido case nove meses. É un obxecto con moitísimo traballo, claro, logo á hora de saír á venda pode chegar aos 3.000 euros”, valora o artesán orgulloso da súa obra.

Posibilidades do material

José Villar, non soamente se adica a obxetos únicos, leva a cabo reparacións, restauracións, encadernacións artísticas, repuxados e labrados. O seu labor diríxese aos encargos, non a traballos de cara a feiras de artesanía. “Traballando con máis tempo, daslle acabados de máis rigor, e todo vai en beneficio do aspecto final do obxeto”, afirma o artesán silledense. As posibilidades do coiro son inmensas; Villar asegura que cando comezou non asociaba o coiro máis aló da marroquinería máis tradicional, de carteiras ou bolsos:“Cando comecei non me imaxinaba que fora un mundo tan amplo, asociábao a cousas de levar e pouco máis. Non o relacionaba a lámpadas, a cadros ou obxectos esféricos”. Afirma que é o propio material o que “che vai pedindo máis”, tanto en horas de labor como no emprego de novas técnicas de traballo. “É un material con moitas posibilidades. Acabas atopando as posibilidades do coiro como soporte artístico dentro das artes decorativas. Son obxectos cun componente máis obxecto único”.
A satisfación de ver aos clientes contentos e de obras ben feitas é o que máis anima a José Villar a seguir neste oficio, realizado por poucos pero cada vez valorado por máis.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya