Xabier Vence Deza - Catedrático de Economía Aplicada da USC

"A modernización fixo que en Camba haxa agora máis máquinas que xente"

"Se non se corrixen as políticas agrarias haberá moitas explotacións pechadas"

 23:54  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Vence posa no xardín da súa casa, en Compostela.
Vence posa no xardín da súa casa, en Compostela.  Xoán Álvarez

Leva dende o ano 98 ao frente da cátedra de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, onde estudiou a carreira e doutorouse. En Francia, Italia e Inglaterra especializouse e tamén impartiu clases.

Á. G. - LALÍN Adoita vir as fins de semana a Rodeiro, onde naceu e pasou boa parte da súa vida. Leva máis de dez anos vencellado a Universidade de Santiago pero xa ten pensado facer unha escapada no mes de agosto para pasar unha semana en Camba, que é como lle gusta denominar a súa “patria chica”. O feito de ser o irmán do actual alcalde rodeirense non lle afecta demasiado porque insiste entre risas que “o cargo é de José e non meu”. Xabier Vence traballa na capital de Galicia pero non perde de vista o lugar dos seus devanceiros.

–Verémolo este verán por Rodeiro descansando durante as vacacións?

–Por suposto. Aínda estou traballando pero seguro que atoparei unha semaniña en agosto para vir a Camba. Gústame estar coa miña xente, a familia e visitar os lugares onde me criei. É algo que recomendo a todo o mundo.

–Como ve Rodeiro despois de tanto tempo?

–Cambiou moito. Cambiou o entorno, as infraestructuras, as casas e tamén a xente, que disminui moito, con máis vellos que novos. A modernización fixo que en Camba haxa agora maís máquinas que xente. Hai menos vida social y comunicación e un maior aillamento por parte dos veciños. Supoño que é unha das consecuencias do irrefrenable deterioro económico do que está a sufrir o agro.

–Cambiou para mellor ou non?

–Dentro do que cabe, Camba non é unha zona das máis desertizadas do país. Soubo transformarse razoablemente ben e escoller un campo de especialización importante facendo as súas explotacións moi viables. É un lugar dos mellores no que respecta a evolución en positivo dos seus recursos naturais.

–É certo que a crise nótase moito máis nas cidades que no rural?

–Penso que a crise nótase en todas partes. O problema que ten o agro son os baixos prezos, en particular os do leite, que poñen en cuestión un bo número de explotacións de cara ao futuro máis inmediato.

–Teñen solucións os problemas que están afectando ao agro galego?

–E que, ademáis, agora tamén lles afectan os prezos baixos da carne. Por eso digo que están a sufrir unha crise tan profunda coma nas zonas urbáns. Estase a por en xogo o futuro do sector. Se non se corrixen as políticas agrarias haberá moitas explotacións pechadas nas comarcas galegas.

–A que se refire?

–Pois que fan falla políticas agresivas para tentar paliar unha situación que pon en perigo un sector fundamental para a economía. Hai que ter en conta que o agro é necesario para a xente e para o conxunto do país. Sen agricultura non hai boa alimentación e tampoco quen coide do territorio, algo moi importante se queremos manter o que temos na nosa paisaxe.

–Que lle parece ter un irmán alcalde do seu pobo?

–A familia alegrouse moito por él e espera que sexa unha experiencia boa tanto para José coma para o pobo de Rodeiro. A verdade é que non o celebramos dun xeito especial porque era algo agardado por todos nós. Supoño que sería distinto si fora despois dun proceso electoral, pero penso que vaino facer moi ben porque sempre foi un home comprometido e con vocación de servizo. Persoalmente dexésolle o mellor nun posto que moitas veces non é nada doado de xestionar.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
90%
No 10%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009