|
|
|
HEMEROTECA » |
|
ADRIANA VALIÑO - SILLEDA
José Antonio Ramos Dobarro estréase este ano como presidente da comisión da Romaría da Tortilla de Laro. Nesta vixésimo primeira edición, a celebración vólvese máis solidaria co medio ambiente, co gallo de que o entorno quede o máis limpo posible despois da xornada festiva. Dobarro atende a esta Redacción entre un aluvión de chamadas de última hora para ter todo arranxado para o ansiado venres, obxectivo que se marcan os quince membros da comisión. Na noite da cita gastronómica, as charangas O Roxedoiro e Leda Mandeu turnaranse cos grupos folclóricos Os Dezas, A Carballeira e tamén Os Trasnos nunha ateigada Carballeira de Castro. As orquestras Alkar e Cibeles tocarán no campo da festa.
Este ano haberá servizo de autobuses dende Lalín da empresa Autocares Mejide SL. Os coches saíran dende a estación de autobuses a partir das 21 horas, cada media hora, ata as 23.30. Os autobuses de volta dende Laro empezarán ás 2 da madrugada e rematarán as 9.
– Como é a experiencia de ser presidente da comisión?
– Levo dez anos na comisión e este é o primeiro ano que son presidente, a verdade é que estes días estou agotado pero non son eu só, o mesmo lle pasa ao resto da comisión. A verdade é que nos gustaría que se animara xente nova, porque hai quen leva desde o primeiro ano traballando na festa.
– A festa desfrútase igual cando deixa de ser só visitante e pasa a ser parte da organización?
– Nós non queremos que esta festa se perda e por iso seguimos traballando nela, pero non a desfrutamos da mesma forma que se non tiveramos que organizar as cousas e estar pendentes. O traballo está ben, non é moita a responsabilidade, pero o bó é que nos imos turnando nos cargos dentro da comisión.
– Como recaudaron os cartos para poder levar adiante a festa?
– Organizamos campionatos de truco no teleclube e vén a xogar xente de toda a zona, as tasas de inscrición están destinadas ao premio e tamén aos fondos da “Tortilla”; ademais, nesas competicións temos bar.
– Pensa que a Romaría da Tortilla reúne cada vez a máis xente dos concellos de Silleda e Lalín?
– A verdade é que vén moita xente nova, cada vez máis rapaces de Lalín, tamén hai moita xente de Silleda. Este ano veñen tamén dous autobuses desde o municipio de Rodeiro.
– Encontrar un bó sitio na carballeira é un dos obxectivos dos romeiros que, a pesar das advertencias, seguen entrando cos coches. A tres días da festa, como está a ocupación?
– A carballeira está chea, incluso o pinar tamén, xa hai motas mesas colocadas. A herba que tiñamos cortada e preparada xa está aplastada polos coches que entraron e máis polo ir e vir de xente.
– Como xurdiu a idea de que foran os nenos os creadores do cartel desta edición?
– Nunha reunión falouse da opción de que foran os nenos da escola os que fixeran o cartel deste ano, falouse coa maestra e dixo que non había problema, e decidimos entre todos que fora así.
– Este ano intentan que a xente deixe a carballeira o máis limpa posible, porque sempre acaba chea de residuos. Que iniciativas puxeron en marcha?
– Este ano puxemos en todas as árbores uns carteis para concienciar á xente para que deixe todo o máis limpo posible, para coidar o medio ambiente. Tamén facían falla máis contenedores para evitar que a xente tirara as cousas ao chan. Nós vemos que os contenedores énchense, pero cando xa non queda sitio todo queda no chan. Tamén poñemos bolsas nas mesas.
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||