|
|
|
HEMEROTECA » |
|
Á.G. - LALÍN Os versos de "Profundidade de campo", a derradeira producción literaria de Yolanda Castaño encheron onte a carpa habilitada pola Feira do Libro de Lalín para os recitais literarios. A propia autora foi a encargada de poñerlle voz a uns poemas galardoados co XV Premio de Poesía "Espiral Maior". A poetisa e crítica literaria compostelán amosouse moi cercana ao numeroso público que acudiu ao seu recital.
–Como está funcionando "Profundidade de campo" no actual mercado poético galego?
–O certo é que viñen a Lalín porque me chamaron para facer un percorrido sobre a miña obra máis recente que, agora, é "Profundidade de campo", un libro que vai moi ben e no xa estamos preparando a súa edición bilíngüe.
–Semella que está moi cómoda facendo recitais poéticos con versos propios?
–Para mín os recitais literarios e como para os músicos o directo (risas). Os que escribimos sentímonos como nun concerto facendo o que hoxe fixen en Lalín. A verdade e que é algo moi persoal. Outros poden darlles matices diferentes ao que ti escribes pero eu prefiero facelo eu misma porque penso que é máis natural, sobre todo porque eres a que mellor pode controlar o texto. Non me gustan nada os actores cando recitan poesía porque eles se lucen máis co texto.
–Non pensa que sería bo quitarlle o aspecto solemne a poesía para facela máis popular?
–Estou completamente dacordo. Sempre foi unha defensora da desacralización da poesía, un dos factores que máis dano estalle a face a este tipo de literatura. Só na chamada poesía de autor é comprensible ese tipo de parafernalia.
–Fai moito que non ven por Lalín?
–Estou encantada de estar nesta feira. Un dos recitais máis sorprendentes fíxeno enrriba da estatua de Loriga. Creo que foi nunha Algarabía, e resultou moi chamativo. É unha pena que se perdera aquel festival cultural tan interesante.
–Que tal lle vai na súa experiencia televisiva?
–A televisión é moi agradecida e un medio sinxelo de compatibilizar con outros. Pasámolo ben no "Cifras e Letras", onde apréndese moito. Ademais, tamén estou facendo moitos bolos que tampouco están nada mal.
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||