EN DIRECTO
FRANCISCO VILARIÑO TABOADA - Voceiro municipal do BNG de Lalín

"Se o PP pide a titularidade da AP-53 para rebaixar só aos habituais é un engano"

"Se Crespo leva 20 anos é que algo facemos mal, pero hai condicións para un cambio"

 23:50  
Francisco Vilariño, diante da sé do BNG de Lalín.
Francisco Vilariño, diante da sé do BNG de Lalín.  Bernabé/Javier Lalín

Francisco Vilariño naceu en Lalín hai 34 anos e leva seis como voceiro municipal do BNG. Anteriormente fora responsable local desta formación.

DANIEL FERNÁNDEZ - LALÍN A piques de chegar ao ecuador do mandato municipal, Francisco Vilariño, que este ano amosou a súa exitosa faceta como adestrador de balonmán, ve esgotada a xestión de Crespo e loita porque a cidadanía vexa que existe un modelo alternativo de rexer o concello.
–Como viu os dous anos de mandato e o que resta?
–Os dous grandes proxectos, que copan o investimento, están nunha situación de incerteza, hai unha suba de impostos importante, un esquecemento do rural e non se conta coa participación dos cidadáns. Exemplo da situación é que se están gastando 200.000 euros en poñer bonitas unhas rotondas mentres se desatenden as necesidades básicas. O goberno do PP é un goberno só de fachada.
–Cre que o concello pode ter problemas de endebedamento co novo concello e o Lalín Arena agora que se deixaron de vender solares municipais?
–O goberno funcionou estes anos como unha inmobiliaria e en base á especulación do ladrillo, pero agora que rachou este boom se lle rompen todos os plans. Para levar adiante estes proxectos o goberno, e ogallá nos equivoquemos, vai endebedarse o máximo que lle permite a lei, pero con eso non lle chega. Polo tanto, algunha vía terá que buscar. Ata agora sempre lle mentiu a cidadanía coas subas de impostos, facendo a máis forte tras as eleccións e logo aplicando o IPC. Así, algún imposto subiu nestes anos ata o 200%.
–Tamén está sobre a mesa o inaplicado plan de tráfico...
–Despois de nove anos a paciencia se nos esgotou. Imos agardar un pleno máis, pero estamos convencidos de que a presión que vai facer o BNG obrigará ao goberno a aprobalo. No caso da rúa Colón vese a cobardía do goberno e a falta de proxecto do casco urbano. Nós queremos unha vila humanizada, pero o executivo só dá paos de cego. Ten un consenso dos axentes sociais, pero nin así e se prega a presión de dous ou tres caciquillos.
–Respecto á polémica do futuro dos colexios rurais, cal é a postura do BNG?
–Nós apostamos por outro colexio no casco urbano para desconxestionar os actuais, pero esto non se pode relacionar co despoboamento do rural. En todo caso, o pobo de Lalín non se pode permitir o luxo de pechar os colexios do rural e hai que facer unha política valiente e sinceira. Cristóbal [Fernández] foi un sumo cobarde porque puido tomar medidas e un mes despois sae esixindo cambios. En todo caso, o problema é o continuismo, xa que co PP e co PSOE se financia neste concello o ensino privado e habería que investir eses cartos na ensinanza pública. Ademais, a postura do PP tamén é irresponsable ao dicir que aos colexios rurais non lles queda outra que pechar.
–No ámbito da sanidade, o BNG parece renunciar ao hospital comarcal para facerse máis posibilista?
–Temos un ideario de mapa sanitario, pero non vivimos noutro planeta. O PSOE non o fixo, o PP tampouco o vai facer e non podemos seguir cunha utopía, non porque renunciemos a ela, senón polo momento. Nós apostamos por un hospital de crónicos... pero en todo caso que se faga algo, porque non pode ser que para ir ao médico de cabeceira haxa lista de espera.
–Percibe un cambio de actitudes no tema da peaxe, aínda que o PP xa non parece pola labor da supresión?
–PP e PSOE son as dúas caras da mesma moeda neste asunto e cambian según gobernen. Non imos aceptar só unha rebaixa do 50% para habituais, porque a meta é a supresión. O do PP é curioso porque creou o problema, pero en todo caso quen ten que actuar non é a Xunta senón Fomento ao igual que noutras partes do Estado. Se o PP pide a titularidade para facer só unha rebaixa do 50% para habituais é un engano.
–Falando da Xunta, acaba de anularse un proxecto do BNG na Xunta para facer 380 vivendas protexidas en Lalín...
–É a descrición perfecta do que vai suceder co PP en vivenda. En 16 anos fixo cero vivendas públicas, nós fixemos o primeiro edificio da historia e agora volven, botan abaixo este plan tan ambicioso e retornarán ao servizo dos constructores e dos especuladores.
–O que se enquistou foi a cuarta fase de Lalín 2000. Fixeron autocrítica?
–Están consignados os cartos para as expropiacións e hai conseguidos terreos vía convenio. O problema estivo nos trámites burocráticos e na cambadela dalgunha consellería. Ao BNG non se lle pode achacar nada, xa que foron outros os que se adicaron a entorpecelo. En todo caso, coincido que o proxecto tiña que estar en mellor situación.
–Foi Cultura e Deporte a que menos aportou a Lalín?
–Estaba comprometido o amaño integral do pavillón municipal, pero o cambio de goberno deixouno en nada.
–No eido dos servizos sociais chegou un pack completo, pero falta o centro de día. Teñen temor a que se desbote?
–Estamos convencidos de que non ten marcha atrás e que a licitación sairá en poucas datas. O convenio de servizos sociais de Lalín foi o máis ambicioso de toda Galicia. Cremos que está amarrado, pero aparte Lalín precisa un centro de día.
–Industria apostou pola modernización de rúas, pero por cales se debería seguir?
–O primeiro que ten que facer o goberno é ter un modelo de vila e non facer parches.
–No campo de Medio Rural houbo avances en parcelarias, pero atascouse en Vilatuxe. Ademais, como está o proxecto do edificio de servizos?
–En parcelarias investiuse máis nun ano co PP en dezaseis. O caso de Vilatuxe foi semellante ao de Lalín 2000. Alguén quixo que non houbera parcelaria, pese a que está practicamente rematada. No edificio de Medio Rural non debería haber un problema e ademais hai un convenio que está para cumprir. Estanse gastando moitos cartos en alugueres e ademais centralízanse os servizos.
–Tras seis anos como voceiro, como ve a Crespo?
–Para nosa desgraza vexo que gaña eleccións por maioría absoluta pese a que non goberna para a maioría social. Se leva 20 anos é que algo facemos mal, pero estamos poñendo as condicións para que haxa un cambio. As últimas municipais non foron positivas, pero tivemos os mellores resultados da bisbarra. A min, persoalmente, non me contentaron. En todo caso, espero que haxa batalla aínda que só sexa por hixiene democrática.
–Como están as relacións co PSOE como posible socio?
–Con que PSOE? Eu distingo dous, un do voceiro, co que non hai problema en coincidir, e outro encarnado en Cristóbal Fernández, que só ten obsesión en combatir ao BNG e a este voceiro. Este PSOE é beneficioso para Crespo porque destrúe calquer alternativa. En todas as eleccións ataca ao BNG e non a Crespo.
–En principio non tiña intención de recuncar nas eleccións de 2011. Segue mantendo esa postura’
–Nunca tiven intención de presentarme a nada. Son un soldado do BNG que pode aportar algo a un proxecto colectivo. Estou, igual que estes 20 anos, ao servizo do partido, pero para traballar por Lalín non fai falla ter un cargo. É un debate que non está aberto, pero hai moitos compañeiros que poden liderar a lista. Hoxe podo ter unha idea, pero en todo caso dependerá do grupo, co que estou en débeda, e da miña situación persoal de ánimo e forza.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya