EN DIRECTO
naomi FERNÁNDEZ GONZÁLEZ ? Protagonista do novo ´spot´ de Dove

"Case ninguén ten as medidas perfectas e síntese ben consigo"

Acaba de gravar coas outras dúas finalistas un anuncio dun reafirmante anticelulítico que estreará Telecinco en exclusiva

 22:49  
Naomi Fernández é unha das tres protagonistas do anuncio.
Naomi Fernández é unha das tres protagonistas do anuncio.  

SALOMÉ SOUTELO - LALÍN Naomi Fernández presentouse ao casting de Dove "por curiosidade, a ver qué pasaba". Era a súa primeira proba e despois de dúas cribas quedou por riba doutras 300 candidatas. Este martes gravou coas outras dúas finalistas en Madrid un novo producto desta liña de cosméticos, un reafirmante anticelulítico. O spot será estreado, en exclusiva, por Telecinco, a mesma canle na que se puido escoller ás tres protagonistas do anuncio.

–Cal é a súa valoración desta primeira experiencia de rodaxe?

–Pois moi positiva, comezamos ás nove da mañá coas probas de maquillaxe e non saímos ata ás sete da tarde. Nos momentos en que non grabábamos, aproveitei para facerlles preguntas aos técnicos sobre a iluminación do escenario, sobre as cámaras. É que eu estou acostumada ao mundo da publicidade, a estar detrás do obxectivo e non diante.

–Ao mellor a cousa cambia. Que lle parecería pasar a traballar na televisión?

–Pois se xorde algo que me gosta, perfecto, pero non é o que estou buscando, estou moi satisfeita co meu actual traballo en Madrid. Ademais, se queres adicarte ao mundo da tele tés que adicar as 24 horas do día a buscar traballo neste ámbito. Conste que non me desagradaría, porque me gusta o teatro e, de feito, cando estaba en Lalín, montáramos un grupo co que incluso representáramos algunhas obras de Shakespeare. Por iso tampouco descarto presentarme a outro casting para anuncios.

–De momento, vostede vai ser a imaxe dun produto que busca e amosa mulleres reais. Pensa que cómpren máis iniciativas neste sentido, para concienciar ás rapazas máis novas contra a anorexia?

–Penso que si, porque a beleza non está nas medidas 90-60-90, case ninguén tén este patrón considerado perfecto e, sen embargo, síntese moi ben consigo mesmo e co seu corpo. Xa en 2004 me sorprenderan os primeiros anuncios de Dove porque buscaban mulleres reais, coas súas curvas, e non as modelos consideradas mulleres perfectas. E isto é moi importante sobre todo para a xente de menor idade, ver que na tele saen mulleres do día a día.

–Vive na capital de España dende hai ano e medio. Como leva o traballo lonxe de casa?

–Xurdiume esta oportunidade para formar parte do Grupo R hai ano e medio, cando aínda estaba na carreira, e viñen para aquí. A curto prazo non teño expectativas de voltar a Galicia, porque o certo é que en Madrid hai moitas máis axencias e oportunidades de traballo para un publicista, pero á volta de cinco anos si que me gostaría estar máis preto da familia.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya