EN DIRECTO
FRAN REI - Vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística

"Todos os días constatamos situacións nas que nos é imposible utilizar o galego"

"É absurdo dicir que o español corre perigo cando a que perde falantes e a outra lingua"

 02:41  
Fran Rei, onte na sede compostelá da "Mesa".
Fran Rei, onte na sede compostelá da "Mesa".  Jorge Leal

Fran Rei é natural da Coruña. Na súa universidade cursou a carreira de Filoloxía Galega. Traballa na sede da Mesa pola Normalización Lingüística, na compostelá Rúa do Vilar.

XAN SALGUEIRO - LALÍN Reivindicar a igualdade de dereitos para o galego é o cometido principal da Mesa pola Normalización Lingüística, que hoxe, ás 21 horas, celebra unha reunión aberta na Casa da Cultura de Silleda e o vindeiro mércores, á mesma hora, outra no museo municipal de Lalín. O seu vicepresidente, Fran Rei, falará sobre a situación da lingua, á que seguirá un coloquio cos presentes. No acto de Lalín intervirán o ex notario Victorino Gutiérrez, o pintor Armindo Salgueiro e o escritor Gonzalo Navaza, que relatarán as súas experiencias co galego nas súas profesións. Estas actividades, abertas a asociacións e ao público en xeral, pretenden difundir a convocatoria da manifestación do 17 de maio (Día das Letras Galegas) en Santiago “na defensa do galego como lingua que nos une”. De feito, o lema deste ano será “O galego: a nosa columna vertebral”.

–En reunións coma a de hoxe van falar tamén sobre o manifesto a prol da convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego. Cando e como xurdiu?

–Foi unha iniciativa promovida pola mesa desde xullo pasado e na que están involucradas persoas relevantes da sociedade galega coma Ana Kiro, Xosé Manuel Piñeiro, Méndez Ferrín ou Mercedes Peón. Estamos camiño de xuntar os 20.000 apoios individuais e máis de 400 de colectivos ao manifesto, que tamén se lerá o 17 de maio. En Lalín tivo unha acollida extraordinaria a recollida de sinaturas que fixemos recentemente, como está pasando en todas as localidades que visitamos. Estamos moi satisfeitos e queremos recoller os máximos apoios posibles para que a manifestación do 17 sexa histórica. Xa a do ano pasado, baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego” fora a máis numerosa a prol da lingua nos 30 anos de democracia, con 25.000 persoas.

–Confían en manter desta volta o poder de convocatoria?

–Estamos convencidos de que o contexto actual vai mobilizar á xente, mesmo a aqueles que non o viñan facendo e que agora cren necesario mobilizarse polo idioma. Ten que haber unha resposta frente ao desmantelamento que pretende levar a cabo o actual goberno da Xunta.

–Como valoran as súas primeiras decisións en materia lingüística?

–Hai unha vontade clara de retroceso, xa non só na política lingüística, senón na estrutura legal dos últimos 30 anos. Vese unha vontade clara de romper os consensos que sempre houbera en torno á lingua.

–Demandan igualdade de dereitos para o galego. Considera que segue a estar en inferioridade?

–Evidentemente. Constatámolo na práctica todos os días con ducias de situacións nas que os galegofalantes nos vemos imposibilitados de usar o noso idioma. Utilizalo convértese nunha carreira de obstáculos en moitos ámbitos, coma os da xustiza, a administración xeral do Estado, moitos concellos ou mesmo no ensino. Ningunha das universidades galegas supera o 20% de asignaturas impartidas en galego: A Coruña está no 12%; Vigo, no 16; e Santiago chega ao 20. Onde hai máis presenza do galego débese á vontade individual, pero non hai ningún tipo de regulación nin garantía de uso. Se nunha carreira ningún profesor o queren utilizar, un alumno, aínda que queira estudar en galego, pode terminar os estudos sen dar unha soa materia nesta lingua. Isto resta competencias aos nosos futuros profesionais á hora de afrontar situacións, xa que carecen de coñecementos nunha das súas linguas oficiais.

–E o español? Está en perigo en Galicia, como se afirma desde determinados sectores?

–Non corre ningún perigo, nin hai ningún problema para que que queira utilizalo, o utilice. O que denunciamos é unha situación na que unha lingua está presente en todos os ámbitos e a outra, a propia do país e a que fala a maioría do pobo, é debedora do castelán. Queremos unha igualdade real entre as dúas. Tendo en conta que o único idioma que retrocede en falantes é o galego, é un absurdo dicir que o castelán corre perigo. Iso só o pode dicir alguén que queira que o galego desapareza. Ademais, é curioso que un colectivo que se chama “Galicia Bilingüe” defenda o dereito á ignorar, a descoñecer unha das dúas linguas. O fundamental é coñecer as dúas e logo que cada quen utilice a que queira. Estamos de acordo coa liberdade de elección, pero se previamente as dúas linguas están en igualdade de condicións.

–Pódese falar de bilingüismo en Galicia? Ou hai que dicir diglosia [Fenómeno que se da cando unha das dúas linguas que conviven goza de privilexios sociais ou políticos superiores]?

–É unha situación diglósica. Unha persoa pode ser bilingüe, trilingüe ou multilingüe, pero unha sociedade non se expresa ao mesmo tempo nas dúas linguas, sobre todo cando a estas se lle asignan funcións diferentes. Nos últimos dez anos duplicouse a porcentaxe de persoas que nunca utilizan o galego, que xa debe ser do 30%, sobre todo nas áreas urbanas. Nin sequera camiñamos hacia un proceso de diglosia, como pasou historicamente; é máis grave, hai proceso de sustitución dunha lingua pola outra. A xente, sobre todo a máis nova, está abandoando o galego e instalándose no castelán.

–Que lle diría aos que din que o galego é para falar coas vacas?

–É un dos prexuízos recurrentes, xa presente no século XIX: Asociar o galego ao rural, á lingua para falar cos animais. Todas as linguas son iguais, teñen o mesmo valor; con mínimas variacións no seu vocabulario, todas se poden adaptar ás novas tecnoloxías, ás actividades modernas.

–Como valoran desde a mesa as primeiras decisións ou declaracións de intencións do novo goberno galego?

–Preocupación é a palabra. Mantemos intacta a vontade de diálogo coa administración e xa temos solicitadas entrevistas co presidente [Alberto Núñez] Feijóo e cos conselleiros. É un síntoma que aínda non se coñeza a persoa que vai dirixir a política lingüística do país. Tamén vemos con preocupación que a política en materia de lingua deixe de depender de Presidencia, é dicir, de ser transversal, e pase a Educación. Tamén nos preocupa que, por contentar á súa parroquia máis hooligan, un día o presidente diga unha cousa e ao día seguinte teña que corrixir.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya