CAMILO GONZÁLEZ BODAÑO - Concelleiro lalinense desde 1979 

"Algunhas críticas son inxustas; fíxeno o mellor que puiden, dei o mellor de min"

"Cando fixemos a circunvalación querían botarnos, porque sacabamos o tráfico da vila"

 
Camilo González na céntrica rúa Loriga da capital dezá.
Camilo González na céntrica rúa Loriga da capital dezá.  Bernabé/Gutier

ALFONSO LOÑO - LALÍN

O veterano concelleiro lalinense Camilo González Bodaño recibe mañá unha homenaxe con gallo do seu trixésimo aniversario na corporación. A estas alturas, o seu nome de pía é suficiente para que os seus veciños o identifiquen e, aínda que rexentou coa súa dona durante moitos anos o Café López, a maior parte da cidadanía vencéllao á xestión municipal. Máis de 250 veciños e políticos como o presidente da Deputación, Rafael Louzán, ou un dos que están nas quinielas como conselleiro de Política Territorial, Agustín Hernández, participarán na homenaxe que comezará cunha recepción oficial na casa do concello (13 horas) e seguirá cun xantar de confraternidade. Aínda que sempre quixo situarse nun segundo plano da escea pública, posiblemente sexa o edil que máis coñece o casco urbano e os máis de 300 núcleos de poboación do municipio.

–Cómo leva vostede que lle rendan unha homenaxe sendo unha persoa á que sempre lle gustou pasar desapercibido?

–Bueno, de momento lévoo bastante ben pero creo que non son merecedor desto. Son os trinta anos que están aí e que son difíciles de levar porque hai de todo, bo e malo. Houbo momentos moi bos, outros non tanto e outros malos.

–Preferirá, logo, lembrar os intres máis gratos...

–Momentos bos son cando te presentas a unhas eleccións e gáñalas, eses son os que desexa calquera político. E malos, cando, por calquera circunstancia non salen as cousas ben, pero está claro que non todo é de cor de rosas.

–Alomenos, agora hai outros medios, porque hai trinta anos tiña que ser complicado atender as peticións veciñais máis elementais.

–É certo, non había nada, nin para unha cousa nin para outra. Víanse as necesidades pero non o remedio, porque non había fondos para facelo. Nós tivemos bastante sorte no primeiro mandato, porque Cuiña foi moi hábil ao sacar fondos doutras administracións para facer proxectos ata que logo, non só Lalín senón todos os concellos, foron evolucionando. Ás veces era de vergoña ter que repartir un camión de pedra para unha pista a cestos.

–Cales son os principais cambios que se produciron nestes anos na administración local?

–Nos plenos facíase todo á man. Secretario e interventor transcribían as actas á man, non había ordenadores pero si xente moi capacitada. Lembro a Carlos Baldenebro, que facía case que todo e nin horario tiña.

–Qué lembra daquela campaña electotal de 1979?

–Había cinco candidaturas e nós iamos por independentes. Non contabamos gañar porque había outros candidatos máis curtidos e de nós, só Cuiña estivera algo en política, o resto eramos novatos. Tivemos que traballar moitísimo. Recordo cando foramos a Zobra que deixaramos o coche a un quilómetro, na cima do monte, e baixaramos andando ao pobo. Só baixaba un todoterreo, e malamente. Daquela todos os da lista traballamos moito, botabas moitas noites sen durmir. Nos sitios nos que eramos coñecidos case que te obrigaban a quedar a comer algo alí ata as tantas da madrugada. Fomos a todas as aldeas e lugar por lugar. Creo que a xente nos vía como alguén cercano a eles.

– En trinta anos estivo no concello con moitos compañeiros e rivais políticos. Qué destacaría de cada etapa?

– Xa no primeiro mandato, ao final, todos eramos uns. Case que todo se sacaba adiante, non había oposición. Cuiña consultaba con eles as cousas e ao final ía todo por consenso. Algúns dos doutros partidos pasáronse logo ao noso. Na homenaxe botarei de menos aos que non están, tanto aos do meu partido como aos compañeiros doutras formacións.

– Viveu en primeira persoa o crecemento de Lalín. Onde pensa que estivo a clave do seu desenvolvemento?

– Tanto Cuiña como Crespo foron moi hábiles, sempre tiraron para adiante. Desde que Cuiña foi para a Deputación foi cando Lalín comezou a medrar e logo con Crespo as cousas tiraron igual. Tamén foi algo de sorte. Daquela non había nada. Lembro que cando fixeramos a circunvalación querían botarnos fóra porque sacabamos o tráfico da vila, e mira agora...

–Qué cualidades destacaría dos dous alcaldes cos que traballou? E como foron as relacións coa oposición?

–Para min, foron moi parecidos porque Crespo seguiu coas rendas de Cuiña. Logo evolucionou e xa foi sacando as cousas que puido, e eso está para velo, non é de conto. Logo defectos témolos todos. Crespo chamaba a Cuiña e viña como se fora concelleiro daquí, preguntaba qué facía falta.Coa oposición prefiro non facer caso ás críticas, que creo inxustas. Sempre fixen as cousas o mellor que puiden e dei o mellor de min.

“Nunca pedín número nin sequera ir nas listas, pero non quero repetir nas vindeiras eleccións”

–Cómo cre que se debe afrontar a renovación do grupo de goberno?

–No noso grupo nunca houbo problemas. Algúns marcharon por asuntos persoais, outros porque non lles gustaba esto. A política e moi dura, moitas veces tés que calar coa razón. Puido haber os seus máis e os seus menos entre todos, pero eso é normal.

–Volverá a presentarse ás vindeiras eleccións?

–De momento quedan dous anos e despois será momento de... Xa hai moito tempo que quería marchar. Xa antes deste mandato díxenlle a Crespo que non volvía, que buscara xente, pero ao final pediumo e acepteino. Nunca lle pedín número nin que me levara, ao contrario, que me deixara irme.

–E se Crespo llo volve pedir?

– Supoño (risas) que agora non me insistirá máis. Coido que el volverá a presentarse á alcaldía, e o pobo de Lalín ten sorte de que así sexa. Ten ideas moi boas e tira polo progreso, pero no meu caso prefiro deixar paso a xente nova.

–Percibe que os veciños valoraron o seu traballo? E cómo ve o futuro de Lalín a medio prazo?

–Moito. Moi orgulloso porque vexo que nos votan e me respectan. Eu chegaba ao casco urbano e vía dez grúas traballando e agora nada. Esperemos que agora con Feijóo na Xunta as cousas melloren para nós e que o goberno do estado poña medidas axeitadas para sair da crise. Ata agora por aquí non fixeron nada.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya