EN DIRECTO
Sigue en vivo la segunda etapa de la Vuelta: Nimes - Gruissan (203 km)

O mito Cuiña cumpre 30 anos

Contra prognóstico, o 3 de abril de 1979 accedía á Alcaldía, trampolín da súa carreira

 
Candidatura de Cuiña en 1979 e mesa redonda convocada pola asociación veciñal no hotel Palacio.
Candidatura de Cuiña en 1979 e mesa redonda convocada pola asociación veciñal no hotel Palacio. 

A popularidade do seu pai, Luis, no rural, o seu traballo arreo, os pasquíns coas fotos de toda a súa lista a maila personalidade á hora de escoller aos seus compañeiros de candidatura, chaves para a victoria de Xosé Cuiña Crespo por maioría absoluta o 3 de abril de 1979. Así o lembran algúns dos seus colaboradores de entón, familiares e achegados. O fillo do muiñeiro de Prado, como él mesmo gustaba que lle chamasen, irrumpía así na política municipal lalinense, que posteriormente o auparía á presidencia da Deputación e ao goberno e ao Parlamentos galegos.

DANIEL FERNÁNDEZ - LALÍN Hai 30 anos Xosé Cuiña pasou de ser case un descoñecido a ser o forxador dun mito. O 3 de abril de 1979 impúxose contra todo prognóstico nas primeiras elecccións municipais democráticas no Concello de Lalín e ademais fíxoo cunha inesperada maioría absoluta que lle deu o bastón de mando e que se converteu no trampolín para o resto da súa carreira política.

Por aquel entón, Cuiña presidía a sociedade de caza de Lalín, segundo lembra Camilo González Bodaño, que precisamente cumpre estes días 30 anos ininterrumpidos como concelleiro. O aínda edil, que era tesoreiro con Cuiña no citado colectivo, precisa á perfección a primeira vez que lle oiu ao político de Prado a súa idea de competir pola Alcaldía. “Un día díxome de ir cear, creo que fomos ao restaurante Villanueva, que acababa de abrir, e preguntoume que que me parecía que se presentase ás eleccións”, explicou o concelleiro, que lle amosou o seu apoio polo traballador que era e pensou para os seus adentros: “Pagaría un bo alcalde”.

Non obstante, as primeiras opcións de Cuiña non pasaban pola Candidatura Independiente coa que trunfou nos comicios, xa que era unha persoa coñecida e unha peza desexada, polo que tiña ofertas de partidos de centro-dereita, segundo apunta outro dos membros da súa candidatura. “Ofrecíanlle ir de primeiro, pero non podería escoller ao resto da lista e el por iso non pasou, xa que quería decidir quen serían os seus compañeiros”, sinala.

Coa decisión tomada de que a súa aventura non sería baixo o amparo de ningunhas grandes siglas, Cuiña puxo en marcha o seu proxecto. “Un día subíamos da sé da caza, que estaba en Joaquín Loriga, e díxome que se presentaba e que lle tiña que botar unha man”, apunta Camilo González.

Cuiña tiña moi clara a importancia dos membros da lista, xa que cada un tería que poñer cartos do seu peto para o desenvolvemento da campaña, segundo desvela Alfonso L. Sánchez, que foi con el na lista. Ademais, proba da confianza que tiña nos “seus” e no seu tirón amosouse no peculiar e novedoso pasquín da campaña, que contiña as fotos, os nomes, as profesións e as parroquias dos membros da lista completa. Este aspecto resultou especialmente atractivo para os 6.752 votantes cos que contaba Lalín para aquela cita electoral e moitas voces o apuntan como unha das chaves da victoria.

Non obstante, algunha xente, como admite o propio Camilo, resistíaselle á hora de ir na candidatura. “Chamoume para ir na lista e díxenlle que non, que tiña un negocio e que non era político. Insistiu e convenceume, pero eu díxenlle que ía no fondo, aínda que na reunión definitiva co resto de compañeiros comentoume que non podía pasar do oito e alí fun”, explica o único concelleiro que estivo en todas as corporacións democráticas.

A campaña máis sucia

Logo comezou a campaña, moi sucia, quizáis a máis sucia da historia, con reiteradas pintadas alusivas contra os candidatos, unha malleira á persoa que por aquel entón rexentaba o hotel Palacio e incluso a instalación dun artefacto de estourar contra un dos candidatos.

Camilo González lembra que na campaña non vía ningunha posibilidade de gañar, aínda que apunta que Cuiña era algo máis optimista. “Hai que traballar e falar coa xente, que do traballo sae todo”, desvela que dicía o político de Prado. Camilo admite que non era tan confiado, xa que “non vía posibilidades contra o resto das candidaturas, co apoio tiñan e a súa experienza”. “Non contabamos gañar, parecíanos imposible”, sinala Camilo, que en todo caso admite que a xente da lista de Cuiña “era moi coñecida no rural”, outra das posibles chaves daquela victoria. O seu fillo, Rafael Cuiña, sinala precisamente o voto rural como un dos recordos que hai na casa sobre o trunfo de 1979, aínda que de portas para adentro lle outorgan moito mérito á popularidade de Luis, pai de Cuiña, muiñeiro e moi coñecido e querido no rural. “Din que lle puido dar a victoria”, sinala o fillo.

Deste xeito, Cuiña labrou un trunfo histórico, contra prognóstico e traballado, posiblemente as tres cualidades que mellor resumen a quen comezou sendo un home e se acabou convertindo nun mito para Lalín.

Os resultados dunhas eleccións históricas

A candidatura favorita nos comicios era Coalición Democrática, encabezada por Luis B. González Madriñán, pero que levaba de número dous ao ex alcalde, Luis González Taboada. Precisamente, o papel de “Licho” nunca foi moi claro nestas eleccións, xa que diversas fontes aseguran que quería apoiar a Cuiña e non o fixo por presións e outras apuntan a que lle daba o respaldo pese a concurrir noutra lista. Sexa como fora, a Candidatura Independiente de Xosé Cuiña acadou a maioría absoluta con once concelleiros e a continuación apareceu a mencionada Coalición Democrática, con catro edís; a Unidade Galega de Xosé Aller Goyanes “Caché”, con tres representantes; e a UCD de Fidel Fernández Presas, con outros tres. A quinta candidatura, a do PSOE de Nicolás López López “Cuco”, non sacou representación.

Así, conformouse unha corporación con sete labregos, sete empresarios, tres avogados, dous mestres, un aparellador e un médico, pero sen ningunha muller. Trece eran veciños do casco urbano e oito do rural, pero o protagonismo levouno en exclusiva e durante once anos a figura de Cuiña.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya