LUIS GALEGO GARCÍA - Arcipreste de Trasdeza 

"A comarca aínda mantén o carácter relixioso da Semana Santa"

O párroco apunta que os actos litúrxicos de Pascua se reduciron polo contexto social

 
Luis Galego.
Luis Galego.  Bernabé

SALOMÉ SOUTELO - SILLEDA

Luis Galego oficia como párroco dende hai 50 anos, e na actualidade encárgase das parroquias silledenses de Ponte, Taboada, Vilar e Escuadro, ademais de exercer de arcipreste de Trasdeza. Ao igual que outros sacerdotes da comarca, oficiará durante estes días numerosos actos litúrxicos con motivo da Semana Santa.

– Considera que a Pascua se identifica cada vez máis cunha semana de vacacións, en lugar de conservar a súa orixe de conmemoración relixiosa?

– No caso da comarca dezá, penso que aínda se mantén o carácter relixioso destas datas. Abonda con ver que á procesión de Silleda acoden nenos e maiores, e que incluso a Confraría que se encarga desta procesión conta con bastante xente nova. Nalgunhas parroquias incluso se mantén o rito do Via Crucis, que antano se facía todos os venres de Coresma e que agora se fai no Venres das Dores, que é hoxe (por onte), aínda que tamén se pode realizar en Venres Santo. Tamén é certo que as procesións do Deza non son, nin moito menos, tan espectaculares como as de Sevilla, pero si resultan igual de emotivas. Pero creo que incluso durante estes días hai moita xente que vén pasar a Pascua coa familia no Deza e aproveita para acudir a estas liturxias. Temos que pensar que a zona non está centrada en exclusiva no turismo e por iso non hai ese ambiente vacacional que pode respirarse en, por exemplo, Andalucía.

– Sen embargo, na práctica a maioría da xente adoita acudir só a misa do Domingo de Ramos e as procesións de Xoves e Venres Santo.

– Así e. Dalgún xeito, os actos litúrxicos tiveron que adaptarse ao contexto social e á disponibilidade dos seus fregueses, que ou cada vez teñen menos tempo ou cada vez son máis maiores. Pero é certo que a Pascua tamén inclúe a misa de Sábado Santo e a do Domingo de Resurrección, que fan referencia a unha parte esencial da historia do cristianismo e das crenzas nas que este se fundamenta, e que non son, precisamente, as que máis fieis congregan.

– Vostede exerce, ademais, de Arcipreste de Trasdeza, polo que é ben coñecedor das necesidades das parroquias silledenses. É preciso que a administración pública invista máis na recuperación de edificios relixiosos en Galicia?

– A intervención laica na reforma de edificios relixiosos en Galicia é algo reciente, pero sen embargo xa se fai dende hai moito tempo, mostrando uns resultados excelentes. Penso que non só é necesaria esta actuación laica, senón tamén imprescindible polo valor cultural que teñen estes inmobles. Tamén quero resaltar que en varias parroquias foi moi importante a aportación dos fregueses, que colaboraron económicamente na recuperación dos seus templos. Creo que as igrexas que se reformaron nos últimos tempos son froito das axudas diocesanas e da administración, pero tamén dos crentes e dos propios sacerdotes, que nos implicamos moito neste sentido. Neste sentido, téñense recuperado moitos templos e mosteiros que hai dúas ou tres décadas estaban nun grave estado de abandono.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya