Con eles chegou a democracia

Agás Lalín e Agolada, os demais concellos refrendaron a alcaldes do franquismo en 1979

 

Hai hoxe trinta anos os dezaos, coma o resto dos habitantes do Estado, votaban por primeira vez para elixir aos seus representantes municipais. Daquelas primeiras eleccións democráticas nos concellos saían refrendados catro alcaldes que xa viñan exercendo durante a dictadura franquista, algúns como independentes e outros baixo o paraugas da UCD. As únicas novidades foron a irrupción dun xoven Xosé Cuiña, que, cunha mínima experiencia como concelleiro, se convertía no rexedor do municipio máis importante da comarca, e a elección de Manuel Costa Casares.

XAN S.S./ALFONSO L.V. - LALÍN Os resultados das primeiras eleccións democráticas das corporacións locais, celebradas o 3 de abril de 1979, non supuxeron grandes cambios na comarca dezá. Agás en Lalín, onde irrumpía con forza un xoven de 29 anos de idade chamado Xosé Cuiña Crespo, e Agolada, onde era elixido Manuel Costa Casares, os vecinos do resto dos concellos decantábanse pola continuidade e refrendaban o labor dos derradeiros alcaldes do rexime franquista. Só dous daqueles primeiros seis rexedores da democracia seguen vivos a día de hoxe: Manuel Lamazares Pardo (Rodeiro) e Costa Casares.

A Candidatura Independente forxada por Cuiña –na que figuraba o aínda hoxe concelleiro Camilo González Bodaño– lograba once representantes e impoñíase con diferenza á lista de Coalición Democrática (CD), con Luis González Madriñán á cabeza e o alcalde saínte, Luis González Taboada, como número dous, que acadaba catro edís. Unidade Galega (UG) colleitaba tres representantes, entre eles o empresario Florentino Cacheda, o mesmo ca entón todopoderosa Unión de Centro Democrático (UCD), pola que eran elixidos os tamén empresarios Fidel Fernández Presas e Adolfo Campos Panadeiros, que, nas seguintes eleccións, conseguiría impoñerse na alcaldía de Dozón. O PSOE, hoxe segunda forza, non obtiña ningunha acta. Xosé Crespo Iglesias relevaría en 1990 a Cuiña como segundo alcalde da democracia en Lalín.

Nos outros cinco municipios, a UCD do presidente Adolfo Suárez obtiña o maior número de concelleiros, aínda que en Dozón a candidatura independente formaba maioría de goberno. En Silleda, a UCD acadaba nove actas, por catro de CD, tres de UG e unha do PSOE, resultados que mantiñan na alcaldía a Casimiro Fernández Otero. Cómpre sinalar a presenza como cabeza de lista de CD de Fernando Garrido Valenzuela, que anos despois sería conselleiro de Agricultura. Juan Salgueiro Montouto (1987-99), José Fernández Viéitez (1999-07) e Paula Fernández Pena son os outros rexedores destas tres décadas.

En Vila de Cruces, a UCD obtiña en 1979 trece escanos e refrendaba na alcaldía a Sergio Iglesias Pazos. O PSOE, con dous, colocábase como segunda forza por primeira vez nun concello dezao. Un edil de Coalición Democrática e outro independente completaban a primeira corporación. Tras o falecemento de Iglesias en 1991, asumiría a alcaldía o actual rexedor, Jesús Otero Varela.

Manuel Lamazares governou a primeira corporación democrática de Rodeiro ao sumar oito concelleiros con UCD, polos cinco de UG. Sucederíao, xa no PP, Eliseo Diéguez (1995-2007) e a éste o independente Manuel Salgado González, que ten un pacto cos socialistas para cederlle o poder a Xosé Vence Deza no vindeiro mes de xuño.

A primeira cita coas urnas en Agolada outorgáballe seis edís a Alianza Popular, cinco a UCD, un a UG e outro ao PSOE. Estes dous últimos pactaron con UCD e permitiron gobernar a Manuel Costa Casares. Sería relevado polo seu xenro, Ramiro Varela Peón –actual rexedor–, en 2006.

Por último, en Dozón a democracia renovou a Manuel Crespo Vázquez; a súa lista independente obtivo sete concelleiros, polos catro de UCD. O relevo chegaría en 1987 da man de Adolfo Campos, que xa concurrira no 83 polo Partido Galeguisa.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya