EN DIRECTO

Homenaxe á paz no colexio da Piedade

A humanización dos espazos exteriores habitualmente empregados polos alumnos do CEIP Nosa Señora da Piedade, de Vila de Cruces, adquiriu un novo siñificado ao rematar a instalación dunha obra do artista Francisco Lareo. A escultura, baixo o nome de "Pax-Paloma", constitúe unha homenaxe á paz, ao tempo que, segundo o seu autor, convida á creatividade da imaxinación.

 
Paco Lareo toma unha instantánea da súa alegoría da paz.
Paco Lareo toma unha instantánea da súa alegoría da paz. 

QUIQUE V. - VILA DE CRUCES Nesta escultura de 2,60 metros de alto por 0,45 de ancho, Paco Lareo emprega unha técnica mixta consistente na fusión do granito e máis o aceiro inoxidable, nun intento de crear un nexo entre a raigame ancestral da pedra e os modernos metales da actualidade. Afirma o artista de Piloño que agarda que os nenos e nenas do CEIP saiban atopar unha motivación creadora a través da simboloxía por el utilizada para representar a paz.

O artista describe esta simboloxía como tradicional, pero baixo a súa propia visión; así, a paloma segue sendo a “protagonista principal e final” desta escultura, pero en vez dun ramo de oliveira, leva no pico unha margarita, flor que Lareo describe como a máis representativa das nosas terras: “É a flor que alfombra os nosos prados. Na cor blanca dos seus pétalos amosa a pureza do sinxelo. A cor amarela representa o grande pan de bróa que sostén a dignidade creadora e dialogante, da que precisamente ten que xurdir ese diálogo que fai que, a través da palabra e da idea, se alimente e se sosteña a paz”.

Respecto á idea de humanización de espazos a base de elementos motivadores, di Paco Lareo: “Estamos aquí para facer a historia e a cultura do futuro, o que sería imposible se non tivesemos a oportunidade de mergullarnos na paisaxe da que xurden as ideas que axudan a reavivar a memoria histórica que nos enche de orgullo, e refírome á memoria cultural, á da expresión, á da dignidade da fala e das formas, non outra. Cando todos nos sintamos orgullosos do que temos, do que é noso, estaremos a facer un camiño de humanidade para o futuro das novas xeracións”.

Para a consecución final e instalación da escultura, Lareo contou coa colaboración de Luis O Vila e de Manuel Lareo, axuda que dende aquí lles agradece.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya