00:00 A humanización dos espazos exteriores habitualmente empregados polos alumnos do CEIP Nosa Señora da Piedade, de Vila de Cruces, adquiriu un novo siñificado ao rematar a instalación dunha obra do artista Francisco Lareo. A escultura, baixo o nome de "Pax-Paloma", constitúe unha homenaxe á paz, ao tempo que, segundo o seu autor, convida á creatividade da imaxinación.