Os estudantes do Laxeiro súmanse á defensa da lingua no ensino

A práctica totalidade dos alumnos do instituto lalinense respaldan a manifestación da Mesa

 
Un intre da manifestación, onte, dos estudantes do IES Laxeiro
Un intre da manifestación, onte, dos estudantes do IES Laxeiro Bernabé/Javier Lalín

DANIEL FERNÁNDEZ / LALÍN A práctica totalidade do estudantes do IES Laxeiro de Lalín celebraron onte unha manifestación de defensa da lingua galega no ámbito do ensino e sumáronse deste xeito á convocatoria promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística baixo o lema "Paremos as agresións contra o galego".
A partires da quinta hora de clase, preto das 13.00 horas, caseque todos os alumnos do instituto dezano saíron das aulas e concentráronse durante media hora diante das súas instalacións. Dun modo cívico, portaron un enorme cartaz co lema da protesta e proferiron algúns cánticos a prol da lingua antes de ler un manifesto redactado por eles mesmos. Cabe sinalar que os estudantes do centro recibiron información desta convocatoria reivindicativa a través da Mesa e decidieron secundala sen que houber ningún tipo de inxerencia nin colaboración por parte do profesorado.
No seu escrito, os alumnos do IES Laxeiro calificaron a folga para a defensa da lingua galega no ensino como unha medida "xusta" que se correponde cunha "necesidade real".
Ademais, reivindicaron que o centro lalinense "cumpre axeitadamente" coas normas do uso do galego establecidas na lei, pero admitiron que non se trata dun_"feito xeralizado en Galicia".
Dun modo máis concreto, os estudantes sinalaron que o galego debe utilizarse polo persoal administrativo, debe reflectirse na documentación, ten que impartirse no 50% das materias das educacións que abranguen dende infantil ata adultos e que ten que chegar á toalidad no nivel tres de adultos e no bacharelato para estas personas. "Todo iso non se está a cumprir nos centros galegos", denunciaron.
Finalmente, o manifesto concluíu que as medidas arbitradas para usar o galego no ensino estanse a cumprir "dun xeito desigual" e reclamaron que o sistema eduactivo debe ser "o primeiro en dar exemplo.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya