Mercar preto para comer san

A IV Feira da Sustentabilidade conta con 30 postos de productos agroalimentarios

 02:45  
Os postos ofrecen mermeladas caseiras ou tratamentos con aloe vera, entre outros
Os postos ofrecen mermeladas caseiras ou tratamentos con aloe vera, entre outros ernabé/Gutier
 MULTIMEDIA

SALOMÉ SOUTELO / LALÍN Dende onte e ata hoxe ás 14.00 horas, 32 postos de productos agrogandeiros atenderán a clientes e curiosos no pavillón deportivo de Lalín, que alberga este ano a cuarta edición da Feira da Sustentabilidade. Esta cita coa gandería e a agricultura ecolóxicas está organizada polo concello lalinense e o Sindicato Labrego Galego, promotor tamén dunha decena de ferias similares por toda a provincia.
Pero non se trata só de coñecer aqueles productos feitos á maneira de antes, senón tamén de recuperar oficios tradicionais -coma os dos ferreiros ou cesteiros de vimbio- e incluso actividades como a lectura, grazas a unha ciclobiblioteca que, ademais de pasear aos nenos por toda a feira, tamén lles presenta un abano de títulos literarios imprescindibles para a infancia.
Aínda que a cita feiral comezaba onte pola mañá cun obradoiro artesán e un curso de micoloxía con Hifas da Terra, a inauguración oficial foi contra o mediodía, coa presenza do director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro Iglesias, o alcalde lalinense Xosé Crespo e membros do SLG, ademais de varios concelleiros do goberno de Lalín. O discurso do alcalde incidiu na intención do Sindicato Labrego de promover mercados de proximidade e de venta directa que favorezan unha mellor alimentación e tamén a continuidade das pequenas explotacións, "xa sexa como hobby ou como actividade productiva, pero os concellos do interior precisamos destas feiras, para que os productos ecolóxicos non se vendan só aos ricos en establecementos como El Corte Inglés", engadía o munícipe. Crespo retomaba a xa vella idea do goberno de converter esta feira nunha cita mensual, coincida ou non coas outras dúas feiras do 3 ou o 18, e anunciou as pretensións do executivo local de lograr este obxectivo en 2009.
Polos e tenreira
Pola súa banda, Edelmiro López lembrou que Medio Rural desenvolve dende hai tres anos "políticas que freen e invirtan a tendencia do abandono do rural, e un dos métodos é a valorización dos productos alimentarios", apuntaba. No caso da feira de Lalín, o cliente pode atopar dende leite ecolóxico de O Alle ata ovos, tamén ecolóxicos, da firma rodeirense Avega -que onte ademais organizou un obradoiro de queixo-, ademais de licores de herbaluísa, un posto de aloe vera ou polos e galiñas autóctonos.
Hoxe, este mercado abre ás 11. 00 horas, mentres que ás 12.00 terán lugar obradoiros de artesanía en madeira, cerámica, pedra e ferro, ademais de aulas sobre cogumelos e queixo. Trala mencionada clausura, ás 14.00 horas, celebrarase unha degustación de tenreira sustentabel a cargo do restaurante Cabanas.

Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya