JOSÉ CARBALLO - FUNDADOR DA ASOCIACIÓN CULTURAL FONTEMAIA
 

"Prevemos organizar ao longo de 2009 visitas de escritores a Rodeiro"

 10:09  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

A primeira actividade deste colectivo foi a posta en marcha do ciclo Outono Teatral, con obras de teatro.

S. SOUTELO / RODEIRO A asociación Fontemaia é, dende finais deste verán, a número 17 dos colectivos de carácter socio-cultural que funcionan no ámbito municipal de Rodeiro, aínda que o seu fundador, José Carballo, apunta que as previsións deste colectivo é participar nunha rede de actividades que se desenvolvan en toda a comunidade galega.
- Que actividades teñen previstas dende esta asociación?
- En xeral, queremos poñer en marcha calquer tipo de iniciativa que incremente a oferta de ocio n concello. Así, comezamos co ciclo Outono Teatral, que forma parte do programa Cultura Vai, pero non descartamos outras cousas como charlas, cursos de pintura ou incluso poñer en marcha un clube de lectura no que colabore a asociación e o propio concello.
- Este tipo de clubes xa funcionan na comarca, coma o que promoveu o colectivo de familias e mulleres rurais Deza. Que beneficios cre que aportan este tipo de iniciativas?
- Penso que, ademais de favorecer o interese pola lectura, poden axudar notablemente a mellorar as relacións cos demais membros do clube. Ademais, aquí contamos coa vantaxe de que, ademais dos libros que pode aportar cada membro, temos na biblioteca de Rodeiro unha gran cantidade de volumes que poderían formar parte deste intercambio e, ademais, tamén se poden solicitar publicacións á Xunta de Galicia para incrementar os nosos fondos. Non descartamos, tampouco, organizar visitas de escritores ao longo de 2009 para axudar a este fomento da lectura, en colaboración coa Asociación Galega de Escritores.
- A primeira oferta cultural deste colectivo é un ciclo de cinco obras de teatro. Pensan en poñer en marcha un grupo propio?
- A curto prazo non, pero se co tempo xorden intereses por esta actividade, non descartamos nada. Hai que pensar que, precisamente, neste ciclo que rematamos o 14 de novembro, actúan grupos de teatro afeccionado e, por outra parte, nesta comarca hai moitos colectivos aos que están vinculados non só grupos de teatro senón tamén de baile tradicional, por exemplo.
- A que se debe o nome desta asociación?
- Pois é o nome dunha finca na miña casa, na parroquia do Salto. Gustoume a súa sonoridade.
"Desexo que haxa contacto entre todas as asociacións"
- Vostede traballa, ademais, como técnico na Casa de Cultura e participou nos contactos co Museo de Pontevedra e coa Consellería de Cultura para a reforma do centro Manuel Lamazares. Como ve a actual oferta cultural e patrimonial que acolle este recinto?
- Penso que unha forma de traer actividades a este municipio é precisamente, a través das asociacións, porque os concellos tampouco dispoñen de tantos fondos. En canto aos fondos arqueolóxicos do concello que se expoñen en Pontevedra, aínda estamos en trámites sobre a recuperación dalgunhas pezas, pero do que non hai dúbida é de que que a Casa de Cultura precisa unha ampliación non só para reorganizar a ubicación dos fondos, senón tamén para dar cabida a todos os colectivos que usan estas dependencias.
- Precisamente, sempre se falou de que Rodeiro tén tantas asociacións, agora 17, porque todas teñen as súas cores políticas.
-Si, é certo que sempre se vinculou un ou outro colectivo a un determinado partido político, e o certo é que a min me gustaría que houbese contacto entre todas as asociacións sobre todo para coordinar as ofertas culturais que poidamos poñer en marcha e así presentarlles propostas aos veciños durante o maior tempo posible. Hoxe, repito, as asociacións poden facer máis que os concellos.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
90%
No 10%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009