EN DIRECTO

José Armando Cristóbal Fernández Vázquez, Delegado provincial da Consellería de Educación: "O proxecto do `Golmar´ ten que estar listo en agosto para licitalo"

 
Cristóbal Fernández Vázquez, nunha imaxe de arquivo. / BERNABÉ
Cristóbal Fernández Vázquez, nunha imaxe de arquivo. / BERNABÉ 

"Vai ser complicado facer a reforma do colexio de Vila de Cruces este ano, pero sí comezaremos coa ampliación dos talleres do Marco do Camballón"

M.J.F.L./X.S.S. / LALÍN Cunha recoñecida traxectoria nos eidos do ensino e da política, era cuestión de tempo que terminase exercendo algún cargo público relacionado coa educación. A oportunidade chegoulle hai agora tres anos, co cambio de goberno na Xunta e a asunción das competencias educativas por parte do PSOE. Desde entón, Cristóbal Fernández é o representante da consellería na provincia de Pontevedra. Coa mente posta xa no vindeiro curso -tanto académico coma político, pois a súa xestión, igual ca do resto do goberno galego, será examinada polos electores en 2009-, o político lalinense fai unha paréntese nas súas vacacións estivais para atender ás cuestións que se lle plantexan.
- Cal é o seu balance do curso que vén de rematar?
- Este último curso chegou cargado de novidades, como a ensinanza do inglés desde os 6 anos e a anticipación desta lingua estranxeira desde os 3, ou a extensión da gratuidade dos libros de texto, que agora xa cubre a todo o alumnado da ensinanza obrigatoria e da educación especial. Outra das novidades foi que o comedor escolar funcionou desde o primeiro ao último día de clase. Tamén se comezaron a implantar os primeiros cursos da nova Lei Orgánica da Educación (LOE), implantación que continuará no vindeiro curso e rematará no ano académico 2009-2010. Foi, pois, un curso moi proveitoso e, polo tanto, o balance que fago é satisfactorio.
- E, máis en concreto, na comarca de Deza?
- Na comarca este pasado curso tamén se produciron novidades que repercutiron de xeito moi positivo na comunidade. Así, puxéronse en marcha novos servizos educativos, como a sección da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Lalín, que se desenvolveu con grande éxito, con preto de 150 alumnos matriculados en lingua inglesa.
- Que actuacións se desenvolveron en materia de obras e cales máis están previstas?
- As obras máis destacables, pola súa envergadura e importante investimento, son a reforma integral do IES (Instituto de Educación Secundaria) Ramón María Aller Ulloa, de Lalín, na que investimos 1,3 millóns de euros; así como a reposición do CEIP (Colexio de Educación Infantil e Primaria) Xesús Golmar, do mesmo concello, que agora mesmo se atopa na fase de redacción do proxecto e ao que destinaremos máis de 3 millóns de euros.
- Cando se poderían empezar as obras no centro?
- O proxecto debería estar entregado por parte da empresa (CSP) a finais de agosto. A partir daí virá a fase de licitación. E o concello terá que ter en regla as cuestións referidas á titularidade da parcela.
- Outro proxecto que vostede mesmo plantexou é o traslado do IES Laxeiro...
- É unha previsión a curto ou medio prazo. Aí, onde se encontra agora, non ten futuro.
- Podería falar de prazos?
- Hai as necesidades que hai, e Educación non as pode abarcar todas. Pero é importante que o concello vaia buscando terreos, facer unha previsión para que non teñamos problemas á hora de abordar a obra o día de mañá, que poidamos dispoñer dos terreos no momento en que se plantexe o traslado.
- En canto ao CEIP Nosa Señora da Piedade, de Vila Cruces, que actuacións prevén e cando poderían comezar?
- O centro de Cruces está ben, é dos mellores da comarca. Hai un edificio novo, no que non entran todos os alumnos, polo que Infantil e parte de Primaria están na parte vella, que está en bo estado, pero dista uns cen metros da zona nova e os mestres teñen que desplazarse constantemente dun lado a outro. Como hai poucos alumnos, poderíanse acondicionar espazos vacíos no edificio novo como aulas, polo menos para xuntar a todos os de Primaria. Pero vai ser complicado facelo no vindeiro curso. En todo caso, podería facerse durante as clases, xa que hai sitio abondo. Pero este ano é complicado por cuestións de dispoñibilidade orzamentaria. Ademais, temos que acometer un considerable investimento no instituto de Vila de Cruces.
- En que vai consistir esa actuación e cando vai comezar?
- Temos que facer unha ampliación dos talleres de soldadura. Vaise comezar este curso, pero probablemente se faga en dúas anualidades, porque o custo vai ser máis elevado do que previamos inicialmente. Na zona de ampliación, que vai ter máis altura, irán os talleres de soldadura para dar saída aos gases e cumprir todos os requisitos legais e sanitarios.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya