EN DIRECTO
AS PRIMAS AO SACRIFICIO BENEFICIAN A MÁIS DE 3.700 PRODUTORES, QUE SUMAN 451.000 EUROS EN AXUDAS
 

Medio Rural paga 1,3 millóns de euros a gandeiros de vacún de carne da zona

 

Preto dun milleiro de granxas recibiron 537.000 euros por manter vacas nutrices nas bisbarras.

REDACCIÓN / LALÍN A Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), vén de ordear un total de 60.900 pagos a produtores de gando vacún de carne por un importe global de 21.564.257 euros. Á provincia de Pontevedra, que concentra a súa cabana nas bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, correspóndenlle 6.694 expedientes, é dicir, o 10% dos rexistrados en Galicia, e un montante de 1.396.662 euros. A provincia de Lugo, que concentra o 46,8% dos produtores de vacuno de carne, percibiu máis da metade das axudas (57,5%).
Estes abonos inclúen as primas por vacas nutrices e por sacrificio de gando vacún, así como dúas novas axudas derivadas da reforma da PAC (Política Agraria Comunitaria) de 2003, que se comezaron a aplicar en 2006: O pago adicional a explotacións que manteñen vacas nutrices e o pago adicional á producción de carne de vacún de calidade recoñecida oficialmente. O primeiro vén complementar o anticipo do 60% que xa percibiron os gandeiros o pasado mes de abril, por un importe global de 11,3 millóns de euros. Deste xeito, as axudas ao bovino de carne abonadas no presente ano (entre abril e xuño) ascendeu a 32,8 millóns no país. Todas estas axudas, correspondentes á campaña 2007, están ligadas á produción de vacún de carne e contribúen a mellorar a viabilidade e a estimular a permanencia das granxas deste sector, que é básico en moitas áreas rurais galegas.
Tardanza nos pagos
A consellería explica a tardanza dos pagos por estaren pendentes de calcular os coeficientes de axuste no ámbito estatal. Unha vez coñecida a información das solicitudes de dereitos recibidas de todas as autonomías para a campaña 2007, o Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) fixou a contía unitaria e os coeficientes de axuste para as distintas primas, co fin de non superar nin o número máximo de animais establecido para o Estado nin a dotación orzamentaria.
Na axuda por vacas nutrices, o importe unitario da prima base é de 186 euros/cabeza e de 22,46 a prima complementaria. Desta axuda benefícianse preto dun milleiro de gandeiros na provincia -a práctica totalidade están en Deza e Tabeirós-Montes- por valor de 537.645 euros, ao que habería que engadir o anticipo de hai dous meses. En Galicia houbo 13.155 expedientes e case 11 millóns de euros satisfeitos, e outros tantos en abril.
A subvención por sacrificio de vacún de 1 a 8 meses é de 46,5 euros/res e de 26,4 nos maiores desa idade. Desta liña benefícianse máis de 3.700 produtores da zona, que perciben 451.000 euros. Os 25.795 expedientes de toda Galicia suman 4,5 millóns.
Do pago adicional a granxas con vacas nutrices, a Galicia tócanlle 5,2 millóns de euros -o 11% dos 48 millóns que había en toda España-, repartidos entre 18.761 criadores; aos 1.936 da provincia abónanlle 356.928 euros. A contía unitaria é de 32,67 euros/res para as primeiras 40 cabezas, 21,89 entre a 41 e a 70 e 10,78 desde esa cifra ata 100.
Para o pago á produción de calidade oficialmente recoñecida existía unha dotación de 7 millóns en España, axuda da que se beneficiaron 3.229 gandeiros en Galicia por importe de 741.150 euros (10,6%); na zona houbo 50 expedientes que supuxeron 50.000 euros. Trátase de gandeiros que sacrificaron os seus animais no marco dalgún sistema de calidade recoñecido (Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega ou Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, fundamentalmente), recibindo unha prima unitaria de 13,27 euros por cada res.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009