Un concello con moita historia soterrada

 
Obras do TAV ao seu paso por Botos, preto da zona onde apareceron restos dunha calzada. / bernabé/javier lalín
Obras do TAV ao seu paso por Botos, preto da zona onde apareceron restos dunha calzada. / bernabé/javier lalín 

Lalín pide a Cultura un inventario actualizado de xacementos logo de que a autopista, o TAV ou as parcelarias fixesen aflorar elementos novos

X.S.S. / LALÍN A realización de grandes obras infraestructurais na bisbarra durante os últimos anos fixo aflorar elementos arqueolóxicos dos que en moitos casos non se tiñan novas ata o de agora. Se hai uns anos foi a autopista Santiago-Ourense (AP-53), agora son os traballos de construcción da vía férrea do TAV (Tren de Alta Velocidade) os que descubren castros, mámoas, petroglifos ou calzadas. Amais, de cando en cando, os movementos de terras necesarios para abrir as novas vías que conlevan as parcelaria tamén sacan á luz xacementos inéditos. Así as cousas, o Concello de Lalín pedirá á Consellería de Cultura un inventario actualizado de xacementos arqueolóxicos.
A concelleira de Cultura, Nuria Rodríguez Carral, presentará unha proposta á xunta de goberno local na que solicita á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que remita o inventario, con indicación da súa localización xeográfica, para a súa inclusión no PXOM. Basea a petición na necesidade de revisar o inventario de patrimonio cultural e arqueolóxico local. "Nos últimos anos se teñen descuberto elementos novos de patrimonio arqueolóxico que non figuran na última relación facilitada pola consellería", explica Carral.
No no que se refire ás parcelarias, os casos máis significativos e recentes son os de Vilatuxe e Santa Baia de Losón. Na primeira parroquia chegou a paralizarse a apertura dunha pista por mor da súa afección á zona de protección do Castro de Vilatuxe, onde os movementos de terra deixaron ao descuberto pezas prehistóricas coma un muiño de man. Só nesta concentración parcelaria agromaron seis mámoas que non estaban catalogadas no inventario local: Dúas delas foron descubertas polo xeógrafo lalinense Antonio Presas xunto á zona coñecida como A Carretera, outras dúas apareceron cerca do Casteliño, en Piñoi, onde tamén había dúas máis sen catalogar. Amais, os veciños falan doutras dúas.
Mentres, na parcelaria de Losón foron descubertas dúas ou tres mámoas máis no entorno de Montouto. E os traballos provocaron danos nos petroglifos de Brenzos e A Pena das Cruces.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya