A intensa vida de María Victoria Moreno e a súa obra foron esmiuzadas onte no salón de plenos do Concello da Illa, ante os escolares do colexio A Torre. Quen se encargou diso foi outra escritora e amiga da homenaxeada con motivo do Día das Letras Galegas, Fina Casalderrey. A académica da lingua non hai moito tempo que publicou, na compaña de Marilar Alexandre, o libro "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito", un libro no que se aprecia "un acto de cariño no que se ofrece un fermoso retrato de María Victoria Moreno".

Casalderrey amosou todas as realidades dunha muller que non naceu en Galicia, pero que abrazou o galego desde o primeiro momento no que pisou esta terra, unha muller que estaba namorada do ensino e dos animais, dúas paixóns que se atopan moi presentes no seu legado literario.

O acto de onte pon fin ás actividades desenvolvidas neste Concello con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano se lle adicou á escritora que naceu en Valencia de Alcántara, Cáceres, pero que vivíu sempre para o galego.