Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A maior fuga de presos de Europa

Esta semana cumpríronse 80 anos do acontecido no forte de San Cristóbal, en Pamplona

Fai 80 anos que case 800 presos políticos republicanos fuxiron da prisión do Forte de San Cristóbal, no monte Ezkaba en Pamplona, foi a maior fuxida de presos de Europa. O seu obxetivo era chegar a Francia, mais só tres deles o conseguiron. Douscentos foron asesinados a tiros ou fusilado logo sin xuizo algún.

En 1936 o Forte foi convertido en prisión para os republicanos e fundamentalmente para navarros, casteláns e galegos, en especial os do Partido Comunista (PC), do PSOE e nacionalistas vascos. Dos case 200 galegos, 97 eran de Arousa-Salnés (oito de Caldas, dazanove de Cambados, once de Carril, dous de Vilanova, dous de Dena, dous da Illa de Arousa, dous de Noalla, doce de O Grove, sete de Ribadumia, vinte de Vilagarcia, cinco de Valga, cinco de Vilaxoán e dous de Vilalonga).

As condicións eran horribles, con mala alimentación, enfermedades, moita húmidade, frío e hacinamento espantoso, pois esta prisión estaba habilitada para 350 presos e había 2.500. Estas inhumáns condicións foron as que provocaron que o 22 de maio de 1938 fuxiran pola porta (mentras os gardas comían) 795 presos, 40 dos cales eran arousáns, intentaban fuxir dunha fame atroz, malos tratos, en fin unhas condicións de vida terribles.

Nas ladeiras do monte Ezkaba foron cazados coma coellos e asesiñados sin piedade 220 presos, 7 dos cales eran arousáns.

Os mecos que estaban nesa prisión este negro día e que foron todos condenados a 30 anos de prisión por rebelión militar eran: Jacobo Otero Goday de 53 anos. Arturo Mascato Otero, 22 anos. Albino Iglesias Piñeiro, 28 anos. Francisco Iglesias Franco, 24 anos. Leopoldo Fernández Mascato, 27 anos, José Dadín Novas, 20 anos. Manuel Currás Prol, 39 anos. Jacobo Barral Otero, 30 anos.Luis Antúnez Vazquez, 18 anos. José Antúnez Vázquez, 21 anos. Juan Allo Sabor, 24 anos.Ignacio Francisco Caneda Deza, 18 anos, condenado a 4 anos de prisión menor.

Ignacio Caneda, José Antúnez e Juan Allo, foron asesiñados, e enterrados os dous últimos en fosas sin que nunca aos seus familiares se lles dixera onde estaban. Gracias a asociación Txinparta de Pamplona a cal leva anos traballando para recuperar os restos dos asesiñados, fai moi pouco tempo que Antúnez xa está entre os seus. Pero aínda falta encontrar a Juan Allo, espero que mais pronto que tarde tamén poida estar entre os seus. Os familiares teñen ese dereito, aínda que o goberno do Estado non lle importe.

Na súa memoria.

(*) Xan Caneda González é o expresidente da Asociación pola Memoria Histórica de O Grove.

Compartir el artículo

stats