O centro de interpretación da cultura agraria O Quinteiro de Temperán, en San Vicente do Grove, ofrece hoxe unha xornada de portas abertas para amosar ós cativos todo o que pode ofrecer, pero tamén para regalarlles diversas actividades. Por exemplo o contacontos dos irmáns do Quinteiro e historias imaxinadas e confeccionadas polos nenos e nenas que o visitan, remantado cunha merenda tradicional. Vai ser dende as 17.30 ata as 19.00 horas.