O Concello do Grove leva varias xornadas festexando o Día das Letras Galegas. Nembargantes, hoxe é o día forte, e qué mellor esceario para unha data coma esta que a rúa de Castelao, tamén coñecida como "A Catorse".

Para esta ocasión a devandita rúa vai estar decorada cunha mostra alusiva á vida e obra da homenaxeada nesta edición das Letras Galegas, María Victoria Moreno.

A concelleira de Cultura, Emma Torres, anima ós veciños a participar e lembra que hai propostas para tódalas idades. "Animamos ós mecos a que participen tanto nas actividades de hoxe como nas previstas para o resto de mes de maio, totalmente centrado na celebración da nosa lingua", explica a representante do goberno.

Deixa claro, deste xeito, que "ademáis das actividades que se levan desenvolvendo durante este días, hoxe celébrase na rúa Castelao a tradicional Festa do Día das Letras Galegas".

É por elo que a partires das 11.00 horas os libreiros locais estarán instalados nesa rúa con ofertas para adquirir libros en galego", e media hora despois de que comece esta feira arrincará o contacontos de "Xarope Tulú" titulado "María e os ollos alabarados".

Deste xeito "van entreter aos cativos que se acheguen ata a catorse e, a continuación, poetas locais estrearanse no 'I Recital Poético das Letras Galegas de Letraenxebre".

Finalmente, explica a concelleira, será o grupo Paradanda-Mecos o que aporte música galega á celebración. Pola tarde hai novas propostas. A partires das 18.00 horas a Praza do Corgo vai acoller a VIII Festa das Letras da agrupación Cantodorxo, con xogos e actividades para os máis pequenos.

Tamén na rúa Castelao pódese destacar o "Mercado do Libro e as Flores" que se vai celebrar o domingo entre as 11.30 e as 20.00 horas a beneficio da asociación Por Unha Sonrisa do Grove. Inclúe música, o sorteo dunha cea e unha exhibición da escola Malambo.