17 de mayo de 2018
17.05.2018

Música, danza e premios literarios dos escolares vilagarciáns na festa da lingua

No colexio Arealonga celebrouse a final do certame literario RuAn -Os alumnos do centro educativo Sagrada Familia fixeron un 'flashmob' ao ritmo da "Globalmuiñeira"

17.05.2018 | 04:55

Música, danza e premios literarios foron os protagonistas onte nas escolas vilagarciás co gallo das Letras Galegas. Moitos foron os actos programados nos colexios e algúns decidiron sair á rúa para contaxiar a ledicia polo galego ata cun "flashmob" a ritmo de muiñeira.

No colexio de Infantil e Primaria Arealonga a festa iniciouse co esperado fallo do xurado do certame literario RuAn, organizada pola Anpa Alonga. Participaron neste concurso 235 nenos de Infantil e Primaria nas dúas modalidades: ilustración, para infantil e os alumnos de primeiro, segundo e terceiro curso, e relato curto, para os de cuarto, quinto e sexto de Primaria.

Os concursantes fixeron os traballos no mes de abril para dar tempo ao xurado a decidir os mellores. Finalmente chegou o día máis esperado polos rapaces.

No apartado de ilustración déronse tres premios por cada curso, aínda que os cativos de Infantil levaron todos un agasallo. Os gañadores levaron como premio lotes de libros doados polas librarías Nobel e Follas Novas.

O premio absoluto nesta categoría foi para a alumna de segundo A Lucía Rubianes, quen ademais dos libros recibiu unha escultura feita pola artista Mar Barral para este certame. Na estatuiña fixo unha reprodución dos velliños de Castelao.

Na categoría de relato curto, ademais dos premiados por cada curso houbo un gañador absoluto. Neste caso foi a alumna Laura Touceda, de quinto C, quen recibiu outra escultura de Mar Barral reproducindo a imaxe de Castelao.

O acto de entrega de premios foi conducido polo membro da Anpa Antón Romero, que tamén é escritor e firma os seus traballos co nome "RuAn", que é tamén o do certamen literario escolar.

Pola súa banda, os alumnos de Ensino Secundario da escola plurilingüe Sagrada Familia saíron á rúa para celebrar o día das Letras Galegas a ritmo da "Globalmuiñeira" que xurdiu a partires da iniciativa publicitaria "Sé teimudo".Deste xeito, animaron á creación dun "flashmob" con cinco pasos de muiñeira.

A actividade dos estudantes de Secundaria foi coordinada polos departamentos de Música e de Educación Física do colexio Sagrada Familia.

A Praza de Galicia e a súa continuación, a rúa Castelao, foron os escenarios elixidos para a divertida danza dos escolares que sorprenderon a cantas persoas pasaban por este espacio público.

A festa das Letras Galegas tamén chegou á escola infantil municipal de Vilagarcía. Os nenos deste centro tiveron a visita dos músicos Manolo Dopico e Lucio.

Dopico formou parte de agrupacións como Ledicia Estimada e A Roda, e Lucio é membro dun grupo de teatro. Os dous artistas cantaron cancións moi coñecidas, tocaron a pandeireta e a guitarra, e fixeron participar ás profesoras cantando con elas, nun xogo que divertiu a todos os alumnos de ata tres anos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine