Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un concerto especial na loita contra os franceses

O grupo "De Vacas", estrela na Batalla de Casaldeirigo

O cuarteto "De Vacas". Muñiz

O Concello de Valga anuncia que o grupo "De Vacas" protagonizará a actuación musical estelar da recreación da Batalla de Casaldeirigo, que se vai celebrar o vindeiro día 26.

O cuarteto actuará ás 20.00 horas no palco de pedra emprazado no adro da Capela da Saúde co seu repertorio "divertido e versións cheas de retranca que son o seu sinal de identidade".

"De Vacas" acadou o éxito "transformando cancións de éxito e estrofas cantaruxadas por todos, dende as Spice Girls a El taxi ou ao Gangnam Style, pero sen dúbida alcanzaron o clímax co videoclip do Amodiño, a súa particular versión do Despacito de Luis Fonsi, que se converteu nun fenómeno viral", engaden no Concello.

Tamén explican que este cuarteto formado polas vocalistas Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz que completa o guitarrista Guillermo Fernández "ven de facer unha xira de 120 concertos por toda a xeografía galega, enchendo prazas e teatros, actuando en verbenas e grandes festivais e facendo bandas sonoras para programas de televisión e radio e músicas para anuncios publicitarios".

Compartir el artículo

stats