Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cambados e A Illa sumérxense nun mar de Letras adicadas á escritora María Victoria Moreno

As dornas volverán o vindeiro día 19 ao mar para festexar o 20 aniversario da "Xeiteira"

Presentación das actividades das Letras galegas na Illa de Arousa. // Noé Parga

Os concellos de Cambados e A Illa de Arousa tocarán todas as artes escénicas durante un mes de maio adicado á cultura galega, e en particular, a recoñecer a obra de María Victoria Moreno, a escritora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Os dous concellos teñen deseñado un amplo abano de actividades, desde teatro a música, pasando por unha das iniciativas máis senlleiras que acolle todos os anos A Illa de Arousa, o programa "As Letras no Mar", onde se botan as embarcacións tradicionais e serve de inicio á súa tempada.

Na Illa, as actividades comezan mañá mesmo, co concerto do gaiteiro Óscar Ibáñez e convidados no Auditorio. O gaiteiro pontevedrés comeza na Arousa unha xira que o levará por varias vilas galegas e que rematará este mesmo mes nas cidades portuguesas de Lisboa e Ponte da Lima. Contacontos e a Escola de Teatro municipal da Illa serán algúns dos actos que se celebrarán a vindeira semana. O Día das Letras Galegas non está prevista ningunha actividade, pero si ao día seguinte, cando se proxectará no Auditorio a película "Pradolongo" un filme de Ignacio Vilar, director que participará nun videofórum posterior sobre os dez anos de publicación deste traballo.

O día 19 o protagonismo será para a "Nova Marina" unha lancha xeiteira que construíu a Xunta e que ten en concesión a asociación cultural Dorna. A xeiteira, unha embarcación única en toda Galicia, cumpre 20 anos e será a protagonista do programa "As Letras no Mar", que voltará a celebrarse no peirao do Xufre da Illa, aínda que nesta ocasión, non haberá bautizo de mar, xa que non se construíu ningunha nova embarcación. Ese día tamén haberá concerto de Sanjurjo e Dopico. Maio despedirase da Arousa cunha lembranza de María Victoria Moreno a través dos ollos doutra escritora, Fina Casalderrey, que dará unha conferencia sobre ela no salón de plenos.

Mentres, en Cambados, as actividades comezarán o día 11, coa presentación do libro "Terra Queimada", de Ramón Caride. Un dos actos máis emotivos das Letras galegas na vila do albariño terá lugar o día 16 sobre as 12.00 horas. Os centros de ensino de Cambados farán unha ofrenda floral ante a figura de Ramón Cabanillas no paseo da Calzada, como unha homenaxe que non só alcanza ao bardo de Cambados, senon que se extende a todos os escritores en lingua galega.

As actividades do Día das Letras Galegas fecharanse en Cambados coa entrega do premio Ramón Cabanillas, un evento organizado polo Concello de Cambados e polas librarías Ramón Cabanillas e Contos e que terá lugar o día 2 de xuño.

Compartir el artículo

stats