A obra de Matrioska Teatro é "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos". A elección deste título non foi ao azar, si non que a propia María Victoria Moreno definíase exactamente así. A profesora extremeña deu clases de galego no Casino de Vilagarcía nun tempo no que "a nosa lingua estaba moi mal vista". Entre outras cousas, destacou pola súa aportación á literatura infantil e xuvenil.