Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Thais Núñez: "A única forma de saír desta sociedade machista é a través da educación"

Un grupo de mulleres de A Illa organiza un acto reivindicativo a prol da igualdade

Thais Núñez é unha das cinco mulleres promotoras da idea. // N. Parga

Thais Núñez asumíu a portavocía dun grupo de amigas de A Illa que ondeará ben alto no seu pobo a bandeira da loita pola igualdade entre homes e mulleres o vindeiro xoves 8 de marzo.

-Preséntenos o acto do 8-M.

-Organizámolo un grupo de cinco mulleres de A Illa sensibilizadas coa loita feminista. Iso foi o que nos levou a actuar. Descoñeciamos calquera outra acción para o 8-M no noso concello, propuxemos pasar a acción e organizar un acto reivindicativo para que toda a cidadanía de A Illa non teña que desprazarse a ningún outro concello para manifestarse. Hai dous días que nos puxemos coa idea. Estabamos a ver a que concello limítrofe iamos ir para manifestarnos, pero houbo unha persoa do grupo que deu a idea de facelo aquí. A día de hoxe temos 200 carteles repartidos por toda A Illa. Utilizamos tamén o Facebook e temos un evento creado: 8 de Marzo na Illa de Arousa. Marcha pola igualdade real entre mulleres e homes. Estase movendo moi ben e xa levamos 100 persoas que compartiron o evento.

-Haberá incluso un acto moi simbólico con mandís como elemento reivindicativo.

-O noso acto vai consistir nunha marcha cidadá dende a lonxa ata o concello e sairá ás 18 horas. A idea era levar postos uns mandís e outros instrumentos de traballo na casa e zapatealos diante do concello. Alí leremos un manifesto e cantaremos unha canción feminista que se chama "Verdegaio lilá" que forma parte dun material de traballo feito para a manifestación de mañá en Vigo e que fixo a grupo de Compostela Tamborililás Batucada Feminista. É un grupo de mulleres que tocan en percusión. Como nos as seguimos por Facebook collemos esta canción. O dos mandís vai en relación co que convoca a marcha mundial das mulleres que anima a colgar mandís en balcóns e ventás como símbolo de apoio as persoas manifestantes. Hai unha cartelería elaborada xa con un mandíl e que invita a folga de coidados, folga laboral e folga de consumo.

-Como van os ensaios da canción?

-En principio so estabamos cinco gorxas e pouco iamos cantar. Pedimos a colaboración a Asociación Cultural Dorna e a súa sección de música tradicional volcouse con nós. Eles convocaron máis voces e o seu grupo e estámoslle moi agradecidas. Estaremos ensaiando tódolos días na Escola de Pau as nove da noite e son ensaios abertos para todo aquel o aquela que queira vir a involucrarse na idea.

--"Vai ti, vou eu, vai ela.. polas que xa non berran". E unha frase dunha canción que é todo un himno contra a violencia de xénero.

-E moi reivindicativa. Ten unha letra contra o patriarcado, contra a sociedade machista, a que mata, a que non concilia, a que non valora, a que invisibiliza o traballo das mulleres. Temos unha versión máis curta pero é unha canción femeninista, necesaria e reivindicativa.

-O home é peza chave na loita pola igualdade. Ustedes contan con homes entre os reivindicantes tamén.

-Queremos que os homes nos apoien neste día ofrecéndose e facilitando a presencia de mulleres nesta convocatoria e incluso acompañándonos porque somos totalmente inclusivas. É o ano do feminismo e é unha loita que proclama a igualdade de dereitos. O feminismo a veces e mal entendido e non buscamos superioridade sobre os homes.

-Como se pode loitar contra os estereotipos tan marcados en sociedades que viven de sectores productivos coma, por exemplo, o mar?

-A única forma de sair desta sociedade machista e tradicional e a través da educación. Concienciando, sensibilizando e educando a nenos a nenas na igualdade total. Cando o neno che fala do que ocorre dentro da casa se dan conta que nas súas casas non ven o que se pregona na escola. Queda moito traballo de sensibilizar a mamás e papás e a personas adultas. E animar os homes a perder eses privilexios gañados e base de discriminación. Privilexios herdados como o de que a dobre xornada, traballo e casa, so recaia nas mulleres. Segue reinando unha sociedade moi machista no que se refire as labores domésticas.

-Que medidas máis inmediatas se lle ocorren para avanzar en materia de igualdade?

-O tema da paridad aplicalo por lei e a igualdade de salarios tamén en empresa privadas. Hay países que o fan, o mesmo número en postos directivos. O permiso de maternidade e paternidade sea igualitario. Que teñan o mesmo tempo de baixa e de permiso. Incluir nos colexios unha educación en xénero desde a base, como unha asignatura máis. Ter un especialista en xénero en cada colexio e sensibilizar as campañas publicitarias cos seus estereotipos. E traballar incluso na música e acabar con tipos de música tan machistas como o reguetón, que son moi sexistas.

Compartir el artículo

stats