Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O "Hidria II", unha historia como as de sempre

O autor, Francisco López Franco, lembra as oportunidades perdidas para que O Grove teña un Museo Flotante

El vapor "Hidria II" realiza las tareas de aproximación al puerto de O Grove donde acaban de terminar los trabajos de restauración. // Muñiz

É certo, é innegable que O Grove foi dende sempre un pobo emprendedor e dinámico, senón que llo pregunten ao meu bo amigo Alfredo Fernández, coñecido como Alfredo o do Crisol, unha persoa que foi quen de converter unha granxa de porcos e de galiñas, na primeira piscifactoría en toda a Península Ibérica adicada á cría e engorde de rodaballo. Ou facer realidade en Moreiras o primeiro Acuario de Galicia; ou iniciar o que hoxe é un dos reclamos turísticos máis importantes de Galicia, refírome o turismo marítimo dos barcos de recreo con visión submarina que navegan pola ría de Arousa prácticamente todo o ano etc., etc.. Pero tampouco é menos certo que en moitas ocasións non somos quenes de aproveitar ao máximo algunhas desas iniciativas das que somos pioneiros, iniciativas que recollen outros lugares e que as levan a bo porto, nunca mellor dito o de "bo porto" como exemplo do que motivou este artigo.

Houbo un tempo ala polos anos 1998/2000, nos que no Grove soñábamos con ser o primeiro dos portos de España en ter un Museo Flotante. Houbo un tempo no que polo porto de O Grove pasaban e atracaban galeóns, goletas, paquebotes ou barcos escola. Os mas vellos ainda se lembran ao día de hoxe,por exemplo,daquel proxecto de barco de recreo de finais dos anos 50 que nunca chegara a navegar; refírome ao iate de Lores, era unha goleta de dous paus de 35 metros de eslora. Ou o barco do Inglés, tamén de dous paus, chamábase así porque o dono era un navegante das Illas Británicas que veu parar ao porto de O Grove; estivo atracado moito tempo xusto no mesmo lugar no que está hoxe o Hidria II. O Valle Inclán que foi un arrastreiro e que se transformou nunha goleta-bergantín de dous paus con unha eslora de 24 metros. O Zorba, goleta inglesa de dous paus e 18 metros; fora o buque insignia no Mediterráneo da organización ecoloxista Greenpeace. O Nauja, unha goleta tamen de dous paus e con unha eslora de 24 metros, construída en Dinamarca en1930. O Nieves, un paquebote construído no ano 1917 nos estaleiros da Serra de Outes, tiña dous paus e a súa eslora era de 33 metros. O Raquel C, un pesqueiro de O Grove, transformouse nunha goleta de dous paus e tiña 20 metros de eslora, O Chasula fora tamén un barco pesqueiro do ano 1958 que estaba para desguace e transformouse nun barco adicado á pesca deportiva e lúdica, ten 15 metros de eslora. E xa por último o Hidria II o que motivou este artigo. Tratase dun barco aljibe de vapor construído nos estaleiros de Teis (Vigo) entre os anos 1963/1966, ten unha eslora de 30,5 metros, é o único barco de vapor que existe na actualidade en España de similares características.Pois ben, dende as datas daquel soño de facer de o porto de O Grove o primeiro de toda España en ter un Museo Flotante ata hoxe, teñen pasado 20 anos,e o soño segue sendo soño, pero agora sen barcos !e é o que nos queda, o vapor Hidria II, se non lle pomos remedio tamén desaparecerá moi pronto! É hora xa de que denunciemos e poñamos en coñecemento dos cidadáns as inxustizas que veñen padecendo tanto o Hidria II coma os seus armadores Sesé Castro e Jacobo Costas. No ano 1997 Jacobo e Sesé deciden mercar o Hidria II, e nese intre comezan a súa restauración que lles levará ¡9 anos!; tendo que vender todas as súas propiedades para poder facerlle frente o alto coste da mesma; pasando a ter obrigatoriamente que vivir no propio barco ao haber vendido a casa, non só eles dous, senón tamén os seus dous fillos Sofia e Xaime. Unha vez rematada a restauración do Hidria II comezan a traballar en Galicia ao redor de dous anos; pero motivado, sobre todo, pola falta de apoio das administracións públicas a este tipo de embarcacións, vense na obriga de desprazarse co Hidria II ao porto de Cartaxena no Mediterráneo. Alí traballan durante tres anos, dende o 2010 ao 2013, acompañados dos seus dous fillos Sofía e Xaime de 8 e 5 anos respectivamente, quenes se ven obrigados a estudar dende o mesmo barco através do CIDE Centro Internacional de Educación a Distancia. Chega o ano 2013 e a familia do Hidria II deciden voltar a súa terra e ao seu mar, pero unha vez máis a sorte non lles tiña acompañado, e para poder voltar ao porto de O Grove precisan de 6.000 euros -que non teñen- para poder encher os depósitos de combustible e poñer o barco a punto. Para conseguir esta cantidade promoven unha campaña en Facebook solicitando donativos e colaboracións. Pasado un tempo, e gracias á pequenas axudas de moitos cidadáns, logran xuntar os 6.000 euros e voltar ao porto de O Grove. Sesé e Jacobo,xunto cos seus fillos, continúan vivindo no Hidria II, e o único que pretenden é poder abrilo ao público coma buque museo no mesmo lugar no que se atopa atracado hoxe no porto de O Grove. Parece ser que en España e Galicia non existe unha lei que regule e protexa o Patrimonio Marítimo, e por conseguinte que contemple unha saída, máis ou menos rendible para poder facer frente ó coste do atraque dunha embarcación destas características, Precisamente este foi o motivo polo cal practicamente a totalidade das embarcacións antigas desapareceron. É hora xa de esixirlle as nosas autoridades que se poñan mans a obra e que adapten as leis ás necesidades dos seus administrados e non ao contrario.De calquera xeito namentres esto no nacontece debemos amosar o noso apoio e solidariedade con Sesé, Jacobo, Sofia e Xaime, para elo temos que asinar a petición para que o vapor Hidria II poida abrir ao público no porto de O Grove.

Compartir el artículo

stats