A innovación educativa e dinamización da lingua danlle un novo recoñecemento ao colexio Viñagrande de Deiro

Educación escolle ao centro de Vilanova polo proxecto da plataforma dixital "Informa.gal"

10.06.2017 | 03:40
Unha actividade no colexio Viñagrande de Deiro. // Noé Parga

A aposta do colexio Viñagrande de San Miguel de Deiro pola innovación educativa e por dinamizar entre o seu alumnado o uso da lingua galega ven de ser recoñecido, unha vez máis, pola Consellería de Educación, que selecionou o proxecto "Informa.gal", que está a levar a cabo o centro desde o pasado ano, como un dos cinco mellores neste ámbito en todo o territorio galego. O proxecto ten a súa orixe no curso pasado, aínda que o desenvolvemento efectivo levouse a cabo neste curso que está a rematar.

Orientado en dous ámbitos diferentes que conflúen no blog "O Informadeiro", por unha parte, o que se pretendía era facer públicos os traballos que os nenos desenvolven nas aulas, creando un medio de comunicación que servise de altofalante, pero por outro lado, tamén se trataba de impulsar o uso do galego, nunha parroquia vilanovesa onde todas as xeracións anteriores aos nenos falan nesa lingua, algo que non ocorre xa nos máis pequenos, pois o 80% dalgunhas das aulas só se expresan en castelán.

Tratando de impuslar estos dous ámbitos, xurdíu este proxecto, no que todo o que se elabora nas aulas ten repercusión no exterior a través da radio, a televisión, un xornal e redes sociais. Todas esas plataformas son manexadas polos propios alumnos e son eles os que exercen como xornalistas á hora de elaborar os contidos cos que se ilustra a programación da radio ou da televisión, ou os titulares que se inclúen no medio escrito.

O seu director, Javier García, recoñece que "a nosa intención con este proxecto foi crear un espazo no cole para dar saída aos traballos, e ao mesmo tempo, conseguimos que os nenos adquiran competencia lingüística en lingua galega, evitando o retroceso que está a experimentar o seu uso nas novas xeracións desta parroquia". Insiste en que o proxecto é "un lugar onde traballar cos medios para mellorar tanto a competencia lingüística en galego como a dixital; nesta última, este traballo demostra que, cando aos rapaces se lle dá a oportunidade de que cren contidos por eles mesmos, desenvólvense se maneira natural no uso destes espacios comunicativos".

O premio suporá unha cantidade de 2.000 euros, que o colexio ten moi claro onde os vai investir. Será en completar o plató de televisión co que contan e en adquirir unha serie de aparellos informáticos que lles permitan seguir desenvolvendo este proxecto. Ademais, o premio tamén conleva o apoio e asesoramento durante o desenvolvemento do mesmo e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Xunto ao colexio de Vilanova tamén foron premiados os IES Aquis Celenis de Caldas e o Xesús Taboada Chivite de Verín, así como os CPI de Vedra e o Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine