Xosé Ramón Pena naceu no concello de Betanzos no 1956. Licenciouse e fixo o doutoramento en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela (USC). É catedrático en Lingua e Literatura Galega pola UNED e colabora no diario decano da prensa nacional, FARO DE VIGO. Foi profesor na Universidade de Santa Bárbara, en California, e membro do colectivo Alén.

No seu palmarés, atesora relevantes recoñecementos literarios coma o Premio Xerais (1987) ou o Losada Diéguez (no 1988), ámbolos dous por "Para despois do adeus". Dentro de pouco vai volver obter o Losada Diéguez, e no 2015 gañou As Fervenzas Literarias.

Especializado na literatura medieval e das vangardas galegas, estudou e editou obras de Ramón Cabanillas, Manuel Antonio ou Amado Carballo. É coeditor xunto con Xosé María Dobarro de "Poesía galega completa de R. Cabanillas".