18 de mayo de 2017
18.05.2017

As dornas volven navegar polo mar de Arousa nunha xornada para reivindicar a lingua

Dorna e o Concello reinauguran a Escola de Pau e converten os actos nunha lembraza á memoria de Pilar Muñiz

18.05.2017 | 02:38
A Illa volveu volcarse na reivindicación das nosas letras e na conservación dos barcos tradicionais, como cada 17 de Maio. // Noé Parga

As dornas e os barcos tradicionais regresaron onte ao mar da Arousa. Cada 17 de maio, coincidindo co festexo do Día das Letras Galegas, a asociación cultural e deportiva Dorna da Illa pon en marcha unha serie de actividades no peirao do Xufre tendentes a reivindicar o uso da lingua e a importancia do legado mariñeiro. Onte non foi unha excepción, co engadido da reinauguración da Escola de Pau, un edificio construído en 1918 para formar aos rapaces da Illa, que foi consistorio provisional durante case unha década, e que despois dunha importante reforma, será a sede da asociación cultural.

Nese inmoble foi onde comezaron onte as actividades do Día das Letras Galegas, co alcalde, Carlos Iglesias, e o presidente de Dorna, Salvador Allo, escoltados de gaiteiros para festexar unha remodelación importante deste pequeno espazo que significa moito para a asociación cultural, xa que del parten a maior parte das actividades que organiza. Allo foi o que fixo o discurso máis emotivo, lembrando a memoria dunha das súas predecesoras ao frente da entidade, Pilar Muñiz, "unha das persoas polas que esta asociación chegou ata aquí; sen a súa figura, moitas das cousas que aconteceron nesta asociación, hoxe non serían unha realidade". As paredes da Escola de Pau lucen desde onte unha pequena lembranza cara ela.

Despois da inauguración da Escola de Pau, as actividades pasaron ao peirao do Xufre, onde se procedeu ao bautizo de mar da dorna "Daniela", unha embarcación recuperada pola Escola de Navegación Tradicional despois de que o seu propietario xubilase. Alí tamén se puido escoitar a música do dúo que forman Pablo Vidal e Clara pino, que ofreceron un pequeno concerto sobre as táboas do "Rei do Mar" antes de comezar a primeira navegación da campaña. Tamén se instalou no peirao do Xufre unha libraría que ofrecía descontos pola adquisición de libros en lingua galega. Non faltou tampouco a música tradicional, interpretada polo grupo de gaitas e pandereteiras de Dorna.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine