14 de mayo de 2017
14.05.2017
opinión

Cambados chamando á Xunta, hai alguén ahí?

14.05.2017 | 03:45

Vanse cumprir dous anos das eleccións locais que desprazaron ao PP do goberno municipal de Cambados e este partido semella seguir sen aceptar nin asumir os resultados do 24 de maio de 2015. Xa sabemos que esa organización política non ten destacado nunca precisamente polo seu talante democrático pero, a estas alturas da historia, xa vai sendo hora de que cambien as súas actitudes e comportamentos. E non me refiro soamente ás súas declaracións ante os medios de comunicación senón tamén ás súas actuacións institucionais.

Que a Xunta de Galicia non se está a portar ben con Cambados dende hai xa 23 meses é unha evidencia incontestable e ratificada co paso do tempo. Porque ao final o tempo dá ou quita a razón e deixa en mal lugar a quen engana, minte e calumnia.

Así, a día de hoxe, o noso pobo continúa agardando pola apertura do centro de día, polos permisos para as obras da praza de abastos, polas reformas que precisan o centro de saúde e a casa do mar, pola autorización de patrimonio para realizar as obras do Plan Concellos do ano pasado, pola desafectación das casas do colexio Magariños, pola ampliación do instituto Asorey, polo arranxo das estradas autonómicas no noso municipio, pola axuda para os eventos da Cidade Europea do Viño, etcétera.

Non só non axudan senón que poñen todas as trabas posibles. Mentres, os seus compañeiros de partido cambadeses, con Luis Aragunde á cabeza, empregan unha linguaxe cínica para culpar dos retrasos das aperturas e obras ao goberno de Cambados, cando coñecen perfectamente a estratexia premeditada deseñada por Feijóo, Rueda e Tourís.

Porque o que está a facer a Xunta con Cambados é maltrato institucional. Fartos estamos de chamar e que non atendan, de pedir citas e que non reciban nin respondan. Cansos das súas ameazas encubertas e dos seus enganos e mentiras.

Señores dirixentes do Partido Popular de Galicia, compórtense, por favor. Actúen democraticamente. As normas existen para todos. Para vostedes tamén.

*Constantino Cordal é concelleiro de Servicios Sociais e portavoz de Somos Cambados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Deportes Arousa

O Salnés destaca en el Descenso do Miño gracias al Breogán de O Grove

O Salnés destaca en el Descenso do Miño gracias al Breogán de O Grove

El club presentó once piraguas, que alcanzaron siete podios

El Céltiga convence y enarbola su tridente

El Céltiga convence y enarbola su tridente

Los de A Illa se imponen con comodidad a un Negreira que evitó salir goleado gracias a su...

El Ribadumia se estrena con mal pie

El Ribadumia se estrena con mal pie

Los de Luis Carro cayeron por la mínima en su visita al campo del Barbadás

El Arosa perdona la vida al Ourense

El Arosa perdona la vida al Ourense

Los de Jorge Otero dominaron y jugaron contra diez, pero se dejaron empatar en el 86

A Illa acogerá la mayor regata juvenil

A Illa acogerá la mayor regata juvenil

Veintiún clubes y 525 palistas competirán mañana en la 6º regata Liga Provincial

Arousa

Discreción para seguir los pasos de Diana

Discreción para seguir los pasos de Diana

El amplio despliegue de la Guardia Civil para identificar a los feriantes se sustituye por un...

La Xunta carece de locales para reubicar al club de jubilados de la Casa del Mar

La Xunta carece de locales para reubicar al club de jubilados de la Casa del Mar

La Consellería de Política Social asegura que la autorización de uso en precario fue revocada hace...

La fallida verbena en la playa de Compostela causa daños en el arenal y el paseo marítimo

La fallida verbena en la playa de Compostela causa daños en el arenal y el paseo marítimo

El alcalde de Vilagarcía y técnicos municipales visitaron la zona para hacer una valoración de los...

A Illa exige multas contundentes a los yates y motos que burlan el balizado de Areoso

A Illa exige multas contundentes a los yates y motos que burlan el balizado de Areoso

El patrón advierte del peligro para los bañistas - Las bajas de dos vigilantes y el furtivismo "de...

Desde los arenales más conocidos a los de andar por casa

O Grove puede ser conocido por ofrecer a los turistas arenales tan importantes como A Lanzada y...

 
Enlaces recomendados: Premios Cine