Este domingo despedimos a Román Nogueira Costa, o amigo que todos queríamos, de parolas interminables, de solucións sempre apropiadas, de amizade da verdadeira? En resumo, o amigo que todos queríamos ter.

Todos iamos xunto a Román a buscar consello e achego, mentres el quizais non foi capaz de resistir a súa soidade logo da morte dos seus pais. Deixounos orfos, unha mágoa. Que difícil é darlle un sentido á vida?

Adeus a un amigo que tantos recordos foi deixando ao longo da súa vida, no café Avenida, no "tren Chuchú", no grupo musical Leixaprén, na política,etcétera. As mostras de cariño víronse este domingo na igrexa de András, parroquia de Vilanova onde naceu en 1959. Alí acudimos todos a despedir a Román para darlle o derradeiro adeus. Os que tivemos a sorte de coñecerte, sentímoste como parte de nós, da nosa historia... Da nosa vida..

Ata sempre amigo Román.