Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Pon á moda a túa lingua", "soña en galego"

Estes son uns dos lemas estudiantís premiados no XXIII Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüíistica

Os estudantes premiados no Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística do Salnés. // Iñaki Abella

"Pon á moda a túa lingua", "Trasno, onde metiches o galego? Espalleino", e " Soña en galego" foron os lemas que este ano acadaron o primeiro premio en cadansúa categoría do Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística que organiza a Coordinadora de Equipos do Salnés.

O acto de entrega dos premios celebrouse onte no instituto Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa, coa participación do escritor Bieito Iglesias, que falou ós estudantes sobre a vida e obra de Carlos Casares, a quen adican este ano o Día das Letras Galegas.

Os alumnos de primeiro curso de ESO do instituto foron os encargados de entregar os galardóns os estudantes gañadores. Na categoría de primeiro e segundo de ESO a gañadora foi Alejandra Rubianes González, do IES de Carril, polo lema "Pon á moda a túa lingua". O segundo posto foi para Virginia Serantes Otero, do IES Bouza Brey, co seu lema "O galego é o noso lume".

Na categoría de terceiro e cuarto da ESO e FP Básica, o lema gañador foi "Trasno, onde metiches o galego? Espalleino", de Anne Héloïse Gallego Fontaine, do IES Bouza Brey. No segundo posto ficou Paula Hernández Platero, do IES Francisco Asorei, de Cambados, co seu título "Engaiólate coa lingua galega, non coa lúa chea".

A terceira categoría dos premios foi para estudantes de bacharelato e ciclos formativos, sendo o gañador Tomás Uhía Otero, do instituto Vilalonga co lema "Soña en galego". O segundo posto foi para outra alumna do mesmo centro, Isabel Martínez Fernández,que elexiu o título "Penso, logo falo".

Os traballos gañadores foron editados pola Coordinadora de Equipos do Salnés, que repartiu mil exemplares de cada adhesivo entre o estudantado dos centros participantes: os institutos Monte da Vila de O Grove, Vilalonga, Sanxenxo; Cabanillas e Francisco Asorey de Cambados; Faro das Lúas e A Basella, de Vilanova de Arousa; IES de Barro; Castro Alobre, Miguel Ángel González, Bouza Brey e Armando Cotarelo Valledor, de Vilagarcía de Arousa e o CPI Mosteiro, do concello de Meis.

Tanto os traballos premiados coma os finalistas inclúense nunha mostra que percorrerá os quince centros da comarca durante todo este ano, permañecendo en cada instituto dúas semanas.

Como convidado ó acto de entrega dos premios participou o escritor Bieito Iglesias, exprofesor do IES Bouza Brey. Este novelista falou da vida e obra de Carlos Casares, autor ao que se adica o Día das Letras Galegas, e o fixo con moito agarimo, xa que tivo unha estreita relación con Casares nos últimos dez anos da súa vida.

Bieito Iglesias lembrou que Carlos Casares, nado en Ourense, tiña moita relación coa curia pola súa parte materna. Un parente seu, Enrique Pérez Serantes, foi arcebispo de Cuba na época da Revolución Cubana, e no seu perfil Casares inspiróuse para escribir a súa novela "Ilustrísima".

O propio Casares estudou no Seminario ate os 17 anos, aínda que non seguiu a carreira eclesiástica. De mozo tamén foi xogador no "Antela Fútbol Club" de Xinzo de Limia e o chamaban "Cubalita" polo seu estilo que lembraba o famoso xogador.Escribiu un conto sobre fútbol. A súa obra "Vento ferido" conta a historia de mozos no ambiente rural, influido polo neorrealismo italiano. Iglesias tamén lembrou que a afición de Casares polas motos pode verse unha das súas novelas máis coñecidas, "O sol do verán". Escribiu o seu epitafio que di: "Velaiqui un home que non quixera morrer, e está contento de ser un home, non un deus".

Compartir el artículo

stats