Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Son do Dépor, pero se vou á Illa, paso pola sede dos Carcamáns"

-Un deportivista como vostede non o debeu pasar moi ben nun lugar tan celeste como A Illa cando chegou por primeira vez.

-Pois sempre o pasei ben, e cada vez que vou á Illa, procuro pasar pola Taberna dos Baláns a ver aos da peña Carcamáns. Incluso chateo por whatsApp con algún deles. Ben é certo que esta temporada, tal e como lles vai aos dous equipos, chatean eles moito máis que eu, pero teño moi boa relación con eles. De feito, cando foi o derbi, tomamos unhas cervexas xuntos.

-Pero é complicado que haxa un achegamento entre os dous grupos de siareiros.

-A miña percepción é que, nos últimos anos, hai moito mellor ambiente. Son socio do Deportivo e vívese máis como o que ten que ser, unha festa do fútbol galego. A Balaídos fun os dous últimos anos e tamén vin certo achegamento, algo que pode convertirse nun camiño cara a normalización, que é como debería de ser.

Compartir el artículo

stats