Dorna afronta un novo período electoral co obxectivo de renovar a súa directiva

Salvador Allo cumpre dous anos como presidente e agarda que aparezan outras caras para seguir adiante coas iniciativas da asociación cultural

27.12.2016 | 02:54
Unha actividade da asociación cultural Dorna da Illa. // Noé Parga

A asociación cultural e Deportiva Dorna de A Illa atópase somerxida, nestes intrés, en pleno proceso electoral, un proceso do que sairá a nova directiva que sustitúa á que encabeza, desde hai dous anos, Salva Allo. O período para presentar as candidaturas rematará o vindeiro 13 de xaneiro, aínda que, ata o momento, non houbo movemento de ningún socio interesado por facerse coas rendas dun dos colectivos máis dinámicos e con máis seccións da comarca do Salnés.

De non concorrer ás eleccións ningunha candidatura, gran parte da directiva actual estaría disposta a continuar ao frente da asociación, aínda que o grupo contará con caras novas. Así o recoñece o propio Salvador Allo que asegura que "en caso de que ninguén queira dar o paso para liderar a asociación, colleremos dúas persoas de cada sección e formarase unha directiva que continúe co traballo que vimos desenvolvendo nos últimos anos, sendo un dos grandes referentes da cultura, especialmente a tradicional, na Illa".

Allo accedeu á presidencia de Dorna en 2014, substituindo a Avelino Cores, "Faber", que se fixo cargo do colectivo nun momento moi complicado. A dorna pertencen, entre outras, as seccións de baloncesto, música tradicional, fútbol gaélico ou embarcacións tradicionais, contando con máis de medio milleiro de socios.

O colectivo é un dos máis lonxevos da comarca no ámbito cultural e conta cun dos patrimonios máis importantes de embarcacións tradicionais de Galicia, cun feixe de barcos de todas as tipoloxías que se atopaban nas rías galegas antes da chegada do poliéster.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine