Tivo lugar no Meixonfrío, un barrio de Santiago nos inicios do curso 1996-97, e ademáis de Alberto Barreiro e Fran López, a aquel escenario tamén se subiron Edelmiro Fernández, Manolo Maceda, Loli Fernández e as irmás Carolina e Cristina Nogueira. Ese mesmo ano quedaron na terceira posición dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Familia Muller e Xuventude, que lles permitiu ver as súas dúas primeiras cancións como integrantes dun disco que promocionou a administración.

Despois virían os seus tres discos: "Britania", "Mimá" e "Volta e media". Polos tres farán un amplo percorrido o vindeiro sábado, contando co apoio de moitos dos músicos que, nalgún momento, formaron parte dun proxecto que sempre tivo como obxectivo dignificar e dar a coñecer a música tradicional galega.