Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Estamos en mans de profesionais da loita contra o lume"

- Gravaron tamén imaxes de hidroavións no último incendio do Xiabre, ¿ como se vive un lume forestal por dentro?

-Durante as semanas en que levamos a gravación a cabo elevouse o nivel de alerta de incendios en Galicia, na mesma semana recollemos material de tres incendios distintos na comarca do Barbanza. Tamén, por desgraza, recollemos material do brutal incedio que sufriu o monte Xiabre hai poucas semanas. Este en concreto vivímolo moi intensamente, xa que a situación era realmente grave, varias vivendas de Castroagudín estaban en perigo e varias naves do polígono do Pousadoiro. Ademais todos os que participamos na realización desta reportaxe somos de Vilagarcía e fíxose realmente duro. Tivemos a oportunidade de poder ver ao 43 Grupo remontar os mesmos montes que remontaban hai 40 anos o alférez José Luis Herraiz, o brigada José Cachofeiro e o Sarxento José Pérez, e podemos decir coa boca chea que estamos en mans de profesionais da loita contra o lume. Bombeiros, brigadas, helicópteros e as "focas" eran coordinadas dende a torre de vixiancia de Meda, centos de profesionais que arriscan a súa vida, non hai que esquecelo, por preservar aquelo do que estamos tan orgullosos: o noso monte. Para eles o noso recoñecemento.

- Existen imaxes reais do día do accidente de Rafael Sabugueiro, ¿empréganse na reportaxe?

- As imaxes de Rafael Sabugueiro son extraordinarias. Son unha parte fundamental desta peza, porque ilustran todo o que as testemuñas nos explican. Preto de 10 minutos de imaxes sobrecolledoras, tomadas en Super 8 con moito gusto e sobre todo co respeto que esta traxedia requería. Ademáis contamos coa sua visión do accidente, unha entrevista moi fermosa, por certo. Foi moi emocionante entrevistalo. É un pioneiro do audiovisual en Galicia e estamos encantados de contar con el para a nosa película. Pero a colaboración da familia Sabugueiro non se queda ahí, xa que Rafa Sabugueiro -fillo- está neste proxecto dende o primeiro momento. É un dos operadores de cámara e dende logo a sua participación no proxecto é vital. Tamén Rodrigo Sabugueiro participa no documental como piloto e operador de dron. Eles, como o resto do equipo están relacionados co accidente de maneira directa e iso nótase no modo de traballar e sobre todo no resultado final.

Compartir el artículo

stats