As dornas da Illa foron volveron a dominar a loita polas primeiras posicións nunha das regatas de dornas máis emblemáticas da ría de Arousa, que se disputou o pasado sábado, a do Bao. A embarcación "Jalerna", con Manuel Cartarola e Ricardo Dios como tripulantes impúxose nunha competición que transcurriu sen ningún incidente e cun vento suave que mandou durante todo o percorrido, oscilando entre os catro e os seis nós. Na segunda posición cruzou a liña de chegada a "Cariñosa", por diante xusto da "Xarandaira".

A regata do Bao é unha das máis coñecidas na ría, non só polo importante número de edicións que acumula, senon tamén pola súa particular idiosincrasia, xa que, a diferencia das outras regatas, no Bao a saída é desde terra, polo que gaña moita importancia a rapidez en aparellar a dorna para comezar a navegar canto antes. Na regata participaron preto de trinta embarcacións, na súa meirande parte da Illa de Arousa.