- Haberá anécdotas a esgalla daqueles inicios.

- Xa con Cedonosa sucedeu unha cousa surrealista. Eran mediados dos 80 e eu era pregoeiro da romería aquel ano. Chegou un clérigo que dicía ser monseñor da Diócese de Avellaneda, en Buenos Aires. Quería misar nesa romería laica e sen santo e xa o fixera antes na Catedral. Oficiou unha misa de campaña, cun galego que eu quedei pasmado e ata o felicitei, e ninguén se deu conta de que era un bispo falso. Era un mangante tremendo que enganou a todo o mundo e despois incluso estivo buscado pola Interpol. Foi surrealista, unha situación esperpéntica.

- ¿Por que xurdiu a idea de escribir a obra de teatro "O vikingo converso"?

- Fíxeno como unha homenaxe a Faustino Rey, Baldomero Isorna e Pedro O Montañés. Quería enviar o texto ao presidente do Ateneo Vikingo e, por erro, mandeillo ao alcalde de Catoira, que este ano chamoume para consultarme se podían representala. ¡Cousas do demo! É tamén unha homenaxe a Catoira, porque participa todo o pobo, unhas 115 persoas. Estou conento porque a acollida da xente está sendo moi boa.

- Quen lle ía a dicir que daquela tolería de noite nas Torres ía a saír semellante festa...

- Daquel soño dunha noite de verán hai que ver como pode saír unha obra colectiva de todo un pobo que chega a ser Festa de Interese Turístico Internacional. E ten futuro, porque é unha festa que engancha. Todos os rapaces de Catoira queren ser vikingos e ¡como loitan coas espadas, que son pesadísimas! Os nenos queren ter os seu casco e a súa espada. E todo iso debémosllo a Faustino Rey Romero, principalemente, e a todos os demais colaboradores.