Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O "barqueiro" do Grove que remou na Habana

Ventura Pérez Núñez é fillo daquel emigrante e no Carmen recibe a insignia de ouro da Virxe do Carmen

Xosé Ventura Fernández Prieto, "Pepe" en O Grove. // Muñiz

Feita esta introducción quero felicitar á flamante comisión de festas da Nosa Señora a Virxen do Carme, patrona dos homes e mulleres do mar, e o seu presidente. Virvi Fraga, pola gran idea de incorporar ós actos dos festexos á concesión da insignia de "Ouro do Mar", a aqueles veciños que houberan destacado por algún feito relacionado co mundo do mar. Dende o meu punto de vista, nestas primeiras concesións teñen acertado de pleno:

Javier Losada, tripulante do helicóptero Pesca I, que complementa a súa vida profesional coa laboura humanitaria e altruista que ven realizando en Grecia e Turquía, colaborando coa ONG Moas na axuda ós refuxiados sirios que vense obligados a fuxir da súa terra, do seu país, deixando atrás as súas casas por mor da guerra que estan sufrindo. A Arturo Oubiña a título postumo, mariñeiro, persoa moi apreciada e querida na vila do Grove, que fora tamén Presidente da Comisión de Festas da Virxe do Carme nun intre moi delicado no que peligraba o mantenemento dos festexos. E por último a José Ventura Fernández Prieto, mariñeiro que vive e viveu dende sempre de cara ó mar, persoa culta, que se fixo a se mesma coa súa propia filosofía da vida, e o que me une unha fonda amizade a traverso dos anos. Pepe, para os amigos, é unha desas persoas que non pasan desapercibidas pola vida, non só é amigo dos seus amigos senon de toda a vila do Grove. Non coñezo a ninguén, nin a unha sóa persoa, que non fale ben de Pépe.Onte mesmo decía Alfredo Fernández "Alfredo o do Crisol", outro bo amigo de Pepe e meu, ó que lle teño unha gran estima, respeto e consideración, pola súa gran valía e intelixencia. Alfredo foi aquel que fixo dunha granxa de porcos a primeira piscifactoría de cultivo de rodaballo da Península Ibérica, foi aquel que revolucionou o transporte marítimo de pasaxeiros na ría de Arousa, creando a primeira empresa de barcos de pasaxe pola ría con visión submarina e poder ollar os visitantes os fondos marinos da ría de Arousa; foi aquel que fixo realidade no Grove o primeiro , Acuario do Mar de Galicia. En fín decia este amigo que Pepe tiña traballado a súa beira en 1972, no Plan de Explotación Marisqueiro de Galicia (PEMG), que consistía na captación das larvas de ostra galega coa técnica francesa " tellas encaladas con cal". O traballo esperimental realizouse no lombo de Loraña, polo sur do islote do mesmo nome, e foi o maior proxecto, xunto co de Ortigueira, que se ten feito en Galicia !Hoxe ó igual que daquela, pdería ser igualmente un gran proxecto para recupera-la ostra galega!

No ano 2006 o escritor e editor galego de Castro Caldelas Olegario Sotelo Blanco, persoa vinculada ao Grove dende fai moitos anos pola súa implicación no Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, ademáis de ter recibido " A Centola de Ouro" da Festa do Marisco, escribeu e editou o libro "Xentes do Mar do Grove", no que se fai unha homenaxe os mariñeiros do mar do Grove e da ría da Arousa a través das historias particulares de un un grupo de veciños, nas que van contando as súas vidas: Francisco. Otero Aguiño Nucho Larexo, Ramón A. Besada Vila, Antonio Alfonso Sánchez, Xosé Prieto Romay, Manuel Iglesias García, Isidro Mariño Tabarso, Marisol Prieto Devesa, Teresa Goday Abalo, Amparo Barral, Caridad Ruano, Carmen Pérez Míguez e Xosé Ventura Fernández Prieto, adicándolle o editor a portada do libro a Pepe. Para coñecelo un pouquiño mellor, vou a trasladarvos parte da entrevista que lle fai Olegario Sotelo Blanco:

Xosé Ventura ten hoxe 82 anos.

¿A que idade foi ó mar? "Comenzei indo ó mar a idade de 12 anos. Deixei a escola para coller os remos e xubileime cos remos nas máns. Toda a miña vida anduven a remos, eu nunca puxen motor. Había o motor foraborda, pero a mín non me chamaba, andaba mellor a remos. Tíñamos dúas dornas, unha para andar ó arrastre, ós chocos, ás centolas; na que íamos meu pai e eu, e outra máis pequena na que ía o meu irmán maior para o marisco co rastro a flote. Eu comencei indo os chocos, coa rapeta, co arrastre; despois fun á maragota, ao pinto, ao salmonete".

Pepe, a pesar de ter deixado a escola sendo moi cativo, é unha persoa culta que se fixo a se mesmo; coñece a historia de Galicia e a conta tomando como referencia a "dorna", o igual que o escritor e poeta do Grove Manuel Lueiro Rey, cando fai o relato da Guerra Civil a través dun cabalo "Manso", que sería cantado anos máis tarde polo bo amigo e poeta Arturo Cuadrado. A dorna é unha embarcación das máis antigas, xa existía cos viquingos. Foi durante o reinado de Ramiro I de Aragón, no seculo X na época do obispo Xelmírez, cando se produciu a primeira invasión viquinga. Parece ser que daquela xa existía a dorna"

-¿Como sabe vostede da historia de Galicia se non foi a escola? .

- Lín moitos libros. Toda a miña vida foi ler. Un home analfabeto no mar usa a xeometría sen saber xeometría. Ten que facer un ángulo mirando polo norte ou polo sur, Fai un triángulo tomando referencias e así sabe onde estan as pedras, hai millares de pedras.

- Cando comenzou indo ó mar co seu pai había abundancia de peixe e de especies ¿ É agora diferente ?

-Sempre houbo moito peixe, Ese mar da Toxa é moi rico en fitoplancton e zooplancton. Nótase cando o lenguado é de alí ou doutro lugar da costa. Non é o mesmo peixe. Sábese no sabor. Eu xa coñezo o de fora. Son pequenos e brancos, as patas das centolas non teñen comida, amargan; como as da ría de Arousa nada. Eu teño ido á costa de Oia, fumos coas rapetas. As nécoras tiñan a carne amarelada e amarga ¡Como o noso peixe non hai!

-¿Tamén foi pintor?

- Sí, aprendín na escola co señor Claudio. Eu pinto porque me gusta, non gañei moito pero tampouco me dedico a iso. Algunha que outra vez pintei para algún encargo pero poucas veces.

Puiden averiguar que Pépe éra un pintor recoñecido e querido polo seu compromiso pictorico cos homes e mulleres do mar, así como coas artes de pesca que reproducia nas súas pinturas, sobre todo grandes frescos nas tabernas e bares que frecuentaban os mariñeiros. Sabemos que tiña pintado frescos no Bar Herlogón (Rúa do Corgo), no Tropezón (Rúa Castelao esquina con Luis Seoane),na taberna Sabor da Terra (frente por frente co antigo Cine O Marino), na taberna de Lola Núñez (hoxe restaurante O Lavandeiro) e na taberna do Cadrado en Peralto (hoxe Beiramar), nesta última según me contan os meus amigos entrañables Rosa e Santi -filla e xenro respectivamente, de Manolo O Cadrado, había varios muráis. Tamén téñenme contado que os seus dibuxos. sempre de familias mariñeiras traballando nas distintas artes do mar, coas nasas, coa rapeta, co raño, coa liña, cos aparellos, mariscadores a flote e a pé, etc., foron os que inspiraron ó tamén amigo e gran maestro da pedra, ó escultor Alfonso Vilar, á hora de facer realidade a que é gran obra escultórica de referencia e visita obligada da vila mariñeira de O Grove "A estátua da familia mariñeira".

Xosé Ventura, ademáis de ser mariñeiro e pintor tamén participou en política. Ala polo ano 1987 formou parte da candidatura que presentou o Partido Galeguista as eleccións municipais do Concello do Grove e que encabezaba outro bo amigo "Nano" Besada, e na que participaban entre outros, Xico Caneda Pérez, Miguel Besada e Xacobe Barral (último alcalde da República en xullo de 1936).

Xa para rematar quixera facerlles partícipes dunha historia que Pepe me ten contado e que fai referencia a liberdade dos homes e dos pobos. Referíase a un feito que lle tiña acontecido o seu pai..."O meu pai foi emigrante en Cuba. Marchou dúas veces. Traballaba no mar, pero foi albanel, carpinteiro, fixo de todo. Era moi listo, pero daquela non habia máis que aquelo....." referiase os anos do dictador cubano Fulgencio Batista (1952-1959) ata o derrocamento polo movimento revolucionario comandado por Che Guevara e Fidel Castro.

"O meu pai traballaba de barqueiro levando xente por mar dun lugar a outro. Tiña unha barca que facía de taxi marítimo trasladando ós turistas e os propios residentes da cidade da Habana os distintos pobos que estaban a beira do mar perto do porto, decía que chegaban antes que por carretera. Nunha ocasión acercóuselle "un home alto, esbelto, dunha planta impecable ", vestía un traxe blanco con chaleco blanco, zapatos de charol blanco coa punta negra; o sombreiro tamén era blanco facendo xogo co traxe, e con unh lázo no colo "tipo texano"de cor negro;vamos... un señorito indiano de punta en blanco, e preguntoulle o meu pai..¿Usted podría llevarme en su barca?, ao que meu pai -impresionado pola presencia daquel home- contestoulle que por suposto, era o seu traballo. Ó sair do porto, meu pai preguntoulle a qué lugar quería que o levara, o indiano díxolle que non se preocupara e que seguira remando mar adentro, pasou un tempo é o indiano volveulle a preguntar: "mire por favor, querría hacerle una pregunta, ¿piensa usted que si grito me oirían en tierra?, o meu pai sorprendido pola pregunta, e con esa retranca galega díxolle que non lle había entendido o que quería decir, o indiano volveulle a repetir "le decía a usted, que si me pusiera a gritar en este momento, ¿crée usted que se me oiría en la Habana?, como soplaba unha brisiña cara a Illa e por precaución, meu pai díxolle que non tiña certeza; diante desa resposta o indiano díxolle "..pues haga usted el favor y continúe remando mar adentro", cando xa levaba un tempo considerable remando, e a Illa víase alá ao lonxe, pequena...,pequeniña; volveulle a preguntara o indiano ¿Y ahora cree que me oirán?, ao que me pai contestoulle, non agora é imposible que o escoiten na Habana. Deseguido o indiano sacou o sombreiro.., a chaqueta?, o chaleco e o lazo, subeuse á popa da barca, e mirando para a Illa de Cuba, berrou con todas as súas forzas.:Muera Batista, muera Batista, e botando un suspiro de satisfación plena díxolle o meu pai, "Por favor, ya podemos volver a la Habana".

Compartir el artículo

stats