TRIBUNA LIBRE

Un tren que nunca chega

03.07.2016 | 03:02

Como a maioría dos veciños do Concello de Vilagarcía, remato de cumprir coa obriga de facer a declaración da renda. Aínda que ás veces se faga duro, os impostos temos que pagalos, pois sen os impostos é ben sabido non se poderían sustentar os gastos dos concellos e demais estamentos en que está dividido o Estado.

Máis cando vexo a maneira (desde o meu punto de vista) en como se malgasta o diñeiro público lévame o demo.

Estes días estou a ver por terceira vez en tres anos como as máquinas están a traballar nas vías do camiño de ferro que vai desde o Porto á estación de Renfe, por mor do deterioro que sufre o trazado de ditas vías. É unha vergoña que unha obra na que no seu día os gobernantes no noso Concello (señor Fole á fronte) e na Autoridade Portuaria, presumían de que ía a ser unha obra para o noso desenrolo portuario, a día de hoxe non teña actividade ningunha e sigan invertíndose cartos nela. ¿Canto nos vai custar agora? ¿Imos ter outro "Mini-Gaiás" en Vilagarcía?

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine