Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

80 aniversario do primeiro Estatuto de Galicia (II)

Os homes que tan só querían ser galegos

O autor explica polo miudo todo o proceso que levou a Galicia a ter a súa propia identidade dende a época dos Reis Católicos

Constitución do Consello de Galicia en Montevideo, bajo la presidencia de Castelao y a su lado Elpidio Villaverde, Ramón Suárez Picallo y Antón Blanco Ríos, además de otros políticos del año 1944. // Cedida

No 1808 perante a invasión napoleónica asinouse na Coruña un tratado de Federación perdurable no tempo entre Galicia e Castilla, como primeiro paso dun propósito moito máis ambicioso, concebido pola nosa Xunta Suprema. O Conde Toreno e Pí Margall, recoñeceron o feito; pero ningún deles dixo que naquela Federación tiñan entrada as provincias que xa tiñan pertenecido a Galicia, as do Norte de Portugal e as de Oviedo e León, co que pretendíase restaurar a Galicia dos tempos romanos, facendo deseguido o ingreso voluntario dos demáis pobos de España, ó tempo que se fosen liberando dos franceses. Galicia pois, concibeu e tiña a medio facer a Federación dos pobos peninsulares, moito antes de que en España apareceran os teóricos do federalismo influidos por Proudhon.

Non se pode negar o sentimento de nacionalidade que caracterizóu o renacemento literario de Galicia, escomenzado no 1837. Namentras Nicodemes Pastor Díaz descubría, co seu "esprito europeo", as fermosas posibilidades do noso idioma. Así ocurreu nas páxinas da revista "El Recreo Compostelano", aparecida en 1842, xa se forxaban as bases do rexionalismo galego, de tal convinción, que en 1843 xa se fixo posible que a Xunta Central de Galicia, nunha xuntanza en Lugo, discuteu e puxo a votación " se éste antiguo Reino debía declararse ou non independente".

A proposta foi defendida por Faraldo, perdeuse por un só voto. Este feito revela o esprito revolucionario e independentista dos galegos do ano 1843. En 1845 pubricase en Compostela o periódico "El Porvenir","organo da xuventude galega". Os seus redactores laméntanse de non poder declarar en língua intelixible "a fórmula que ensina ós galegos todo o que precisan coñecer" e arríscanse a publicar frases coma éstas: "Non queremos ser máis que galegos".

O clima de hostilidade contra os Gobernos centralistas, deu pé á revolución galega do 1846, considerada como a única de esencia rexional. No manifesto da Xunta Revolucionaria, escrito por Faraldo e publicado no periódico "La Revolución", decíase que Galicia sumida no oprobio e convertida en colonia da Corte Madrileña, vai a erguerse da súa humillación e abatimento....". Ben sabido está que aquel movimento rexionalista fracasóu por artellarse unha subversión militar (alentada por un príncipe da casa reinante nese intre) que acabou en traxedia cos fusilamentos de Carral.

No ano 1856, celebrouse o famoso banquete de Conxo, no que os estudantes e os artesáns de Santiago, xuntáronse para reivindicar o traballo e a intelixencia, Tratabase, simplemente, de buscar a solidaridade de todas as clases sociais de Galicia, o triunfo das ideas que se tiñan malogrado anteriormente, pola equivocada táctica de confiar en pronunciamentos militares. No banquete de Conxo, cos brindis poéticos de Aguirre e Pondal, brilou a ansia da liberdade e democracia. Xa no ano 1855 aparecerá na Coruña "El clamor de Galicia", publicación dirixida por Vicetto. na defensa da nosa personalidade nacional. En 1857 fúndase en Vigo o xornal "El Miño", e inspirado por Murguía. Sería neste mesmo xornal en 1863, no que se pubricaran os "Cantares gallegos" de Rosalia, que foron "añorados" por Cataluña como un berro de guerra espallado por Galicia. Tamén conven rexistrar que la "Historia de Galicia", escrita por Murguía, despois da de Vicetto, foi a base do nacionalismo galego, acusado como tal polo académico Sanchéz Monguel en 1888. En fin a "cuestión galega" xa convertida por Vicetto e Murgía en ideal patriótico, reforzouse co traballo de López Cortón e dos irmáns La Iglesia, que organizaron os Xogos Florais de 1861, que motivou o nacemento en 1864 da revista "Galicia"para xunguir ó intelectual co político nun recoñecemento pleno das nosas letras. O día 22 de xullo de 1873, o pouco de instaurarse a Primeira República, celebrouse en Santiago por convocatoria do propio alcalde "unha asambleia popular" na que se aprobou por aclamación o seguinte acordo: "Unha vez plantexada en España a forma de república federal de goberno, resolvemos exercer o dereito de iniciativa para organizar política e administrativamente o noso territorio. O apoio foi masivo. Creouse un Directorio e o seu presidente foi Sánchez Villamarín, o autor dun "Plan de Facenda Cantonal" para Galicia, trazado co motivo da revolución de 1868. Este é outro exemplo máis da conciencia política federalista de Galicia, como non se tiña visto en ningún dos pobos de España. Tamén realizou Galicia outra demostración única da historia política do Oitocentos español. Ollámolo no "Proyecto de Constitución o Pacto Fundamental para el futuro Estado Gallego" que precedeu á Constitución Federal aprobada en Zaragoza. O proxecto foi presentado polo "Consejo Ejecutivo de la Región Gallega" o día 24 de maio de 1883 e definitivamente discutido, votado e sancionado pola "Asambleia Federal do Territorio" celebrada en Lugo o día 2 de xullo de 1887. O seu artículo segundo dí asi: "Esta región se erige en Estado autónomo y soberano y adopta la forma Democrática-Republicana Federal para su gobierno...; Asimismo aspira a la Confederación Ibérica, y desde luego contrae la obligación de coadyuvar incesantemente, para recabar de la nación portuguesa una eterna alianza pactada sobre la base del mútuo consentimiento y la voluntad de ambos pueblos". No estará de máis reproducir o telegrama que Pi y Margall lle enviou a os asambleistas de Lugo: "Galicia quiso ya durante la Guerra con Francia, establecer el sistema federal. Pláceme vela ahora ocupada en discutir su futura Constitución. Por el unitarismo van perdiendo todas las regiones su iniciativa, su personalidad y su vida: solo por la federación cabe salvarlas; trabajemos todos por realizar esta última esperanza de los pueblos".

O ministro galego Eduardo Chao, foi un dos redactores do proxecto de Constitución Federal da República do 73, supoñéndoa necesaria para salvar e mellorar a vida económica e social de Galicia, e defendéndoa coa mesma exemplar decisión coa que defendeu a República (óllese a biografía de Eduardo Chao escrita por Curros Enriquez).

Tense dito moitas veces que o federalismo deu contido doctrinal ó sentimento da galeguidade; pero a ideia da libre unión dos homes e dos pobos está no noso máis intimo modo de ser. No ano 1889 "El Regionalismo" foi o primeiro compendio doctrinal do autonomismo galego, cando ni Prat de la Riba nin Sabino Arana deran luz a ningún escrito que hoxe poidamos citar (Brañas influeu nas directrices do movimento catalán, según confesión de Cambó). Así foi que cando Pi y Margall visitoú Galicia no mes de outono de 1892, díxolle a Brañas que o seu rexionalismo galego aventaxaba ao federalismo español que por si xa era un sistema político. Pero Alfredo Brañas fixo algo máis que escribir un libro; fundou un xornal "La Patria Gallega" para difundir e espallar os ideais autonomistas; pronunciou discursos e conferencias; e no seu discurso universitario de apertura de curso (1892-93) concretará en dezaseis puntos todo o programa do Goberno galego. E todo eso acontezía no mesmo ano.

Compartir el artículo

stats