Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O camiño para unha terceira república federal

O cumprirse o oitenta aniversario do plebiscito celebrado en Galicia o día 28 de xuño de 1936, declaramos que os nosos ideiais aspiran o establecemento en España dunha república federal, que supere o escatimado réxime de autonomías rexionais, concedidas por gracia do Estado unitario.

Pero aquel acontecemento ben é merecedor da nosa reverencia, por ser a última expresión democrática de Galicia, santificada máis tarde polo plebiscito tráxico de moitos miles de mártires. Sí, o día 28 de xuño representa o cume máis alto da nosa cidadanía e o comenzo dos feitos definitivos que Galicia fará.

No Estatuto de Galicia que foi aprobado polo pobo galego en 1936, hai que distinguir dúas cousas: o documento en sí mesmo, obrigatoriamente limitado ás esixencias da Constitución vixente - que acatamos pero que non era nin é o tope das nosas aspiracións- e o desexo de goberno propio e vida libre que o acto plebiscitario supón, cuio desexo foi de sempre, manifestado en Galicia a favor do sistema federal, tanto no periodo preconstituinte da primeira República como no da segunda.

E como pensamos que o día no que se teña restaurado en España o réxime democrático, será para abrir un novo periodo constituinte e non para voltar ao Estado constituido en 1931, renovámonos nesta solemnidade ao desexo de que a terceira República española sexa federal e asentada no recoñecemento de varias nacionalidades do conxunto peninsular. Unha desas nacionalidades é, sen dúbida, Galicia, como vamos a demostrar deseguida nas vindeiras crónicas coas que fago un repaso do vello Estatuto.

Compartir el artículo

stats