O Día Internacional dos Museos, que se conmemora cada ano o 18 de maio, será celebrado polo Concello do Grove a fin de semana. "Deste xeito búscase a maior asistencia posible de xente para coñecer o espazo museístico por excelencia do Grove: A Salgadeira de Moreiras", sinala o Concello. As portas do centro permanecerán abertas hoxe entre as 10 e as 14, e entre as 16 e as 20 horas, con entrada libre. Este espazo está composto por dúas edificacións (salgadeiras) musealizadas situadas en Punta Moreiras.